Biografía
Diana Gonçalves. Despois de licenciarse en Comunicación Audiovisual na Universidade de Vigo (2008), produce e dirixe o que será o seu documental máis coñecido, “Mulleres da Raia” (2009). Posteriormente traballa como realizadora de televisión do programa "Ben Falado" para Televisión de Galicia. No eido da produción, colabora con AGADIC no deseño e organización de varios encontros do programa CREATIVA, para promover o intercambio cultural multidisciplinar entre España e Portugal. Continúa a súa traxectoria no estudio de son Cinemar Films. Como programadora, destaca o deseño e coordinación da retrospectiva documental “Carlos Velo: Ollar à marxe”, no festival Filminho. Promove e dirixe varios talleres nos centros escolares de Galicia e Norte de Portugal. Durante cinco anos participa no laboratorio documental “El Retrato Filmado” (coordinado por Marta Andreu) no que dirixe cinco curtas documentais: Retrato Encuentro (2009), Retrato Memoria (2010), Retrato Deriva (2011), Retrato Paisaje (2012), Retrato Espejo (2013). Co pouso da experiencia e o material de arquivo resultante, produce e dirixe o seu último documental ata o momento, "Palmira" (2017). En 2023, funda a asociación cultural e social Raia Creativa, un espazo de encontro e compromiso para o diálogo, o intercambio de experiencias e coñecementos asi como a práctica creativa e artística en liberdade e con condicións dignas. Dende ese espazo en construción, promove e dirixe un novo proxecto creativo en fase de desenvolvemento: "Transfronteiriza", unha instalación multidisciplinar. Paralelamente, prepara a tese no eido da comunicación arredor da raia con especial atención á educación comunitaria e a participación cidadá. En todas as vertentes de actividade hai unha constante: ser, vivir e traballar de maneira transfronteiriza.
