Ir ao contido principal
Bieito Beceiro

Bieito Beceiro

1998San Sadurniño

Informático e creador audiovisual que mantén viva a súa paixón polo cinema con historias que nacen do máis próximo.

Biografía

Bieito Beceiro realizou unha estadía de investigación no Lawrence Berkeley National Laboratory para o seu doutoramento en informática na Universidade da Coruña. Se ben é certo que para o seu desenvolvemento profesional escolleu o ámbito da informática, dende novo tamén amosou interese polo audiovisual coa realización de varios vídeos sobre a historia local para a materia de Historia durante os seus estudos de bacharelato. Por exemplo, a recreación da "Toma de posesión de Bernardino de Andrade".

Ademais dos vídeos “para clase”, o cineasta local tamén realizou pezas como "Pregón do San Pipote", “A vista de cabalo do demo” e "Reparacións interdimensionais" . Estas dúas últimas para as 5ª e 6ª edicións do Chanfaina lab, respectivamente. No 5º Chanfaina tamén acreditou as súas dotes de actor en "Breixo" de Javier Seoane.

Na sétima edición ademais da realización de "As vacas desaparecidas", Bieito colabora como co-director e actor da magnífica peza “Interxeneracional” de Xavier Villaverde. Os seus últimos documentais foron “O caldo de Marina” ( 2024) e “(Des)conexión" (2025). Dende o ano 2025 forma parte do equipo de cociña do Chanfaina Lab.