Ir ao contido principal

A vista de cabalo do demo

Bieito Beceiro

V Chanfaina Lab2018

Ollo de insecto que transforma a paisaxe en voo experimental.

Duración
Localización
Bardaos

Sinopse

Unha viaxe pola natureza dende un punto de vista un tanto peculiar

Cociña da peza

Nesta edición, a cabeza de Bieito tampouco parou e quixo argallar por novos camiños e xeitos de narrar. Non deixou pasar a ocasión para facer algo diferente na procura do espírito de experimentación que vai da man da participación na Chanfainalab: "Esta peza xurdiu ao aplicar un método caseiro de estabilización da cámara. O experimento tivo un resultado inesperado, pois produciuse un efecto que lembra ao movemento dun cabalo do demo en lugar de reducir os movementos non desexados na gravación. E foi ao analizar ese resultado cando se me ocorreu a idea principal, pero faltábame como introducila, e para iso pensei no símil entre o insecto e un helicóptero."
"A vista de cabalo do demo” é pois un xogo visual de quen mira ou escoita, mais alterando o punto de vista da mirada, neste caso o dunha libeliña que incordia o gando ceibo. No cinema convencional o cineasta empraza a cámara nun lugar concreto e mira cara un punto establecido seguindo unha lóxica narrativa na que o espectador olla o filmado dende un punto de vista que pretende ser "obxectivo". Mais Bieito segue na procura do seu estilo persoal, experimenta no proceso de gravación, que reforza coa idea musical do "Voo do moscardón” de Rimsky-Korsakov: "A observación das reaccións dos animais (curiosidade, medo, etc) ao introducir un elemento estraño no seu hábitat (neste caso, eu e máis a cámara) como si fósemos un cabalo do demo". Disfrutade con esta viaxe inesperada que nos achega á intimidade de seres vivos aos que posiblemente vexamos tan só como parte da paisaxe, en planos xerais. Hai que agradecerlle a este mozo de 20 anos que siga a traballar coa subxectividade e a experimentación na procura da mirada propia.

Equipo

Dirección

Música

"Voo do moscardón” de Rimsky-Korsakov.

Galería

vista do cabalo