Sinopse
Unha das lámpadas máis famosas do cine precisa viaxar entre universos para chegar ao seu taller de confianza
Cociña da peza
Non se pode negar o espírito de experimentación de Bieto pola súa teima por facer algo diferente en cada edición da Chanfainalab despois de botarlle unha man a Ángela Arnosa en "Un ninguén máis". Nesta ocasión apostou pola imaxe de séntese baseándose nun traballo de clase na Universidade: "No primeiro cuadrimestre deste curso (2019-2020) estudei unha materia sobre gráficos e visualización por computadora na que nos ensinaron a usar unha ferramenta de modelado 3D (Blender) para entender como funciona este tipo de software. Tras varias entregas de traballo guiado, para a última práctica, tivemos que escoller nós o tema e compoñer unha peza con todo o aprendido anteriormente. E despois dun longo período de darlle voltas e buscar moitos exemplos por internet, ocorréuseme homenaxear aos filmes da infancia creando a miña versión persoal da introdución de Pixar. Pero isto non era suficiente para cumprir con todos os requisitos da materia, polo que decidín engadir unha segunda parte traendo, con técnicas de camera tracking, o flexo ao meu escritorio. Por último, para adaptalo ao Chanfaina LAB, engadín as dúas escenas finais cos logos do propio certame e do Concello."
En "Reparacións Interdimensionais", Bieito amosa as posibilidades narrativas da imaxe de síntese integrada nun rexistro da imaxe real. "Con esta peza quería intentar introducir outras alternativas menos presentes en edicións anteriores do Chanfaina, pero que igualmente creo que teñen moito potencial. Deste xeito non nos atamos a ver soamente o que é o noso concello, tamén podemos revivir o que foi, predicir o que será, ou, como puidemos ver nesta edición con varias pezas, xogar co que podería ser." Así pois agardamos que esta breve peza sexa o comezo dun camiño creativo que vai sorprendernos nas vindeiras edicións da Chanfainalab. O seu traballo é tecnicamente impecable; treme Pixar, que está a chegar o Bieito de Bardaos....
Equipo
Dirección
Galería
