VI Chanfaina Lab
2019
A sexta Chanfaina cociñou cinema co mellor ingrediente: a diversidade
Encontro: 6–8 de setembro de 2019 · Gala: 15 de febreiro de 2020

Sobre esta edición
Durante a fin de semana do 6 ao 8 de setembro do 2019 celébrase en San Sadurniño a 6ª edición da Chanfaina Lab, unha experiencia de creación audiovisual colectiva que tenta poñer en valor o territorio do Concello a través dos ollos de creadores/as audiovisuais galegos/as. A idea é sinxela: os participantes teñen que gravar na fin de semana unha película dunha duración de entre tres e cinco minutos, con absoluta liberdade sobre o tema e tratamento visual. A ollada contemporánea sobre a paisaxe rural, a emigración, a memoria histórica, o devalar do tempo, as diferenzas paisaxísticas e sociolóxicas entre as sete parroquias que compoñen o concello, transforman a San Sadurniño nun universo por descubrir e moi axeitado para debullar propostas visuais innovadoras.
O nome de chanfaina alude a unha receita tradicional dos territorios de antigos señoríos, cando as partes "nobres " do animal entregábanselle aos Señores, mentres as vísceras e as partes mais pobres quedábanse na cociña dos labregos, coas que preparaban a denominada chanfaina, de grande tradición nas parroquias de Bardaos e Igrexafeita.
Outro dos sinais de identidade da Chanfainalab é o de ser un"revolto de cousas diversas"; por iso procura a diversidade dos/as participantes segundo idade, sexo, formación ou experiencia d@s cineastas para que o encontro teña un tempo fecundo, onde se intercambien ideas, experiencias e capacidades. Entre os creadores/as que participan coa súa cámara, máis do 70 % dos participantes son autores/as naturais ou veciños de San Sadurniño: Dende os mais novos como os moz@s de Sansa Pablo Martínez (2004),
Catalina Rodríguez, (2004), Iago Lourido, (2004); un grupo de moz@s de Naraío: Brais Varela, Iago Varela, Brianda García, Antonio Fragua, Geray Arnosa, Oscar Torrente e Verónica Castrillón que participan por vez primeira; a mocidade de Bardaos representada por Bieito Beceiro (1999), San Sadurniño por Andrés Couce (1997); Santa Mariña do Monte por Irene Beceiro (2000); Ferreira por Noemi Caneiro (2003); Naraío por Ángela Arnosa (1996) e Eloy Arnosa (1999). Mais tamén veciños e veciñas convértense en cineastas como o veterano de Igrexafeita Abel Vega (1958), o "adoptado" na Lobeira Fran Bermúdez (1978), Ana Lamas de Igrexafeita; Roberto Bouza (1979) de Ferreira, as xa famosas labregas de "Teño unha horta en San Sadurniño", (Consuelo Picos, Cruz Piñón, Lucía Pita, Carmen Couce e Carmen Bouza) e as mozas de The Sungirls, (Graciela Galdo, Mónica Cibreiro e Olga Vigo); tamén participan cineastas ferroláns como Antón Rodríguez (1991) e as novísimas Sara Alonso (2002) e Ana Martínez (ATE) (2001). Dende Valdoviño ven Noelia Uceira (1998) e dende Cambre, Javier Seoane(1991). Unha abondosa e abrumadora representación local da que nos sentimos moi orgullos@s.
E por suposto, como nas anteriores edicións acudirán relevantes cineastas ou interesados no cinema galego procedentes de distintos puntos da xeografía do país: a profesora, axitadora cultural e promotora do Olloboi Ana Moreiras, o director e cineasta de referencia do Barbanza Luis Avilés; a directora de fotografía e revelación do cinema galego e español Lucía C. Pan, o dinamizador e polifacetico artista visual ourensán Anxo Santomil; o experimentado cineasta Fran X. Rodríguez; a crítica, ensaista e divulgadora da cultura dixital en Galicia Maria Yáñez, o referente da Televisión de Galicia e a videocreación galega Manuel Abad; a novísima cineasta Aldara Pagán. Todos eles e elas representan diferentes modos e xeitos de concibir a creación audiovisual dende ámbetos e prácticas artísticas diferentes para engadirlle matices e variedade á Chanfaina.
OBRADOIROS
Ademais do Encontro de Cineastas e as proxeccións de venres e o sábado, desenvolveranse catro obradoiros con entrada libre e gratuita
- Martes, 3 (de 16-20 horas ): Sandra Sáchez: "A montaxe non é pegar planos"
- Mércores, 4: (de 10 a 14 horas): AMTEGA: “Converte o mundo dos videoxogos e animación 3D no teufuturo profesional”
- Xoves, 5:(de 10 a 14 horas): AMTEGA: “Crea a túa APP”
- Venres 6 (de 10 a 14 horas): Anxo Santomil:“Introdución á fotografía 3D”
PROXECCIÓNS GRATUÍTAS - Venres 6 as 20.30: "Eira de cineastas". Proxección antolóxica de pezas realizadas pol@s cineastas participantes.
- Sábado 7 as 20.30: "Hamada" de Eloy DomÍnguez Serén.
O evento está organizado polo Concello de San Sadurniño. Colaboran as Asociacións veciñais de Santa Mariña do Monte, Adiante Igrexafeita, Xuntanza de Lamas , San Pipote de Bardaos, Pico de Ferreira e Aula Cemit. O encontro é patrocinado pola Deputación de A Coruña e o Concello de San Sadurniño.
Historia do cartel

O cartaz está inspirado na fotografía "Señoritas de San Sadurniño". Unha fermosa imaxe das mozas casadeiras de "boas familias" de San Sadurniño á altura de 1918. Aparecen ataviadas co traxe de labregas nunha función teatral no edificio do Convento. De esquerda a dereita figuran Carmen Fernández Vázquez, quen casaría co enxeñeiro suízo Mathias Wirz e falecida en 1955; Elvira Loureiro Couce, (1889-1963), filla do rico comerciante e industrial Luis Loureiro que casará co alcalde Perfecto Calvo; no centro da fotografía, María Rico Vigo, filla do alcalde Tomás Rico e que será a segunda muller do xuíz municipal e administrador da Marquesa Manuel López Sisto; despois temos a Honorinda Loureiro, (1892-1955), tamén filla de Luis Loureiro e casará co médico José Malvar e para finalizar, na parte dereita, a mestra de San Sadurniño Dona Pura Sánchez Rey.
Na fila de embaixo á esquerda, Jacinta López Loureiro,(1896-1919), filla de Manuel López Sisto a piques de casar con Ricardo Fernández Pita, mais que falecerá un ano despois de tomar esta foto; Rosario López López (1900-1972), filla do rico comerciante e xuiz municipal José López Torre quen casará co tamén comerciante Angel Rodríguez; María Casal Alende, filla do comerciante e alcalde Pelayo Casal e Victorina López Loureiro, filla de Manuel López Sisto e quen casaría co secretario municipal Edelmiro Pita. Todas son "chicas bien" do núcleo do poder local, mais "disfrazadas" de labregas.
Galería
Cineastas convidados/as
28 cineastas

Abad, Manuel
A Coruña
Alonso, Sara
Ferrol
Arnosa, Ángela
San Sadurniño
Arnosa, Eloy
San Sadurniño
Avilés, Luis
Colombia-Noia
Beceiro, Bieito
San Sadurniño
Bouza, Roberto
San SadurniñoC. Pan, Lucía
Cambre
Caneiro, Noemí
San Sadurniño
Couce, André
San Sadurniño
Lamas, Ana
San Sadurniño
Lobeira, Fran da
Ferrol
Lourido, Iago
Ferrol
Martínez, Ana
Ferrol
Martínez, Pablo
San Sadurniño
Moreiras, Ana
Trabada, Lugo
NaraíoMedia
San Sadurniño
Pagán, Aldara
Ourense
Rodríguez, Antón
FerrolRodríguez, Catalina
San Sadurniño
Rodríguez, Fran X.
Rianxo
Santomil, Anxo
Santiago de Compostela
Seoane, Javier
A Coruña
Teño Unha Horta
San Sadurniño
The Sungirls
San Sadurniño
Uceira, Noelia
Valdoviño
Vega, Abel
San Sadurniño
Yáñez, María
Lugo
Películas desta edición
28 películas