Ir ao contido principal
Manuel Abad

Manuel Abad

1953A Coruña

Manuel Abad é unha figura clave na evolución do cinema e da televisión en Galicia, cunha traxectoria pioneira entre o vídeo, a creación e a dirección televisiva.

Biografía

Manuel Abad  é un dos cineastas e profesionais máis sobranceiros e experimentados da Televisión de Galicia e do audiovisual galego. Comezou cos pioneiros que iniciaron o cinema galego a mediados dos anos 70 do século XX, en formatos cinematográficos pequenos co colectivo “Imaxe”. Coa aparición do vídeo a inicios dos 80, inicia un proceso creativo experimentando as posibilidades que ofrecía o novo medio e formando parte da xeración de videoartistas galegos que sorprenderon nos principais festivais videográficos de España: “Denantes”“O neno coas pernas de pomba”“Prologo”“Hardo”“365” ou “Contar”, obtendo numerosos premios, entre eles o Festival Internacional de Vídeo de Madrid ou Vitoria. Cando naceu a TVG, Manolo Abad converteuse no seu realizador de referencia, sendo o creador, director e responsable de moitos programas de éxito da televisión autonómica como “Luar”, “Mar a mar”, "O mellor", "Corazonada" ou “A mellor TV do mundo” entre moitos outros. Mais tamén continúa a desenvolver novos proxectos independentes e persoais no ámbito da longametraxe documental como “Flores tristes” (2008), “Sexo entre o ceo e a terra” (2009) ou “Contraaluz”(2017) .

Filmografía en Chanfaina Lab

1 película

Eva
Ano
2019
Rol
Dirección