Ir ao contido principal
Ana Moreiras

Ana Moreiras

1976Trabada, Lugo

Ana Moreiras mestura ensino e creación artística nun traballo atento ao rural, onde o cómic e o audiovisual se converten en formas de mirar e contar o mundo.

Biografía


Ana Moreiras, licenciada en Física pola USC e docente de Tecnoloxía no IESP A Cachada de Boiro. Luguesa de vocación e orixe que non sabe andar en moto, non exerce de física, mais sempre amou debuxar e pintar. De feito acaba de publicar un cómic, Madialeva, un relato gráfico ambientado no noso rural. Xenerosa, comprometida e divertida, viaxa cada vez que pode procurando espazos e xeografías humanas que plasmar nos seus cadernos e pezas audiovisuais. No seu quefacer diario adícase a desaprenderlle cousas a milenials de Boiro nunha escola pública, axudar no que pode coa Asociación Cultural "Canle" de Lira, montar pezas de vídeo e coordinar Festivais de cinema feito nas escolas como o Olloboi, que xa vai pola 10ª edición.

Filmografía en Chanfaina Lab

1 película

Casa Torina
Ano
2019
Rol
Dirección