Biografía
Luís Avilés ,veciño de Noia dende neno cando o seu pai retornou a Galicia. Estudou dirección e montaxe no CECC (Centro de Estudos Cinematográficos de Cataluña). Luís é un profesional moi polivalente, como director, operador e montador de vídeos musicais e numerosos traballos institucionais e industriais; é capaz de dirixir programas de televisión de gran audiencia como "Criaturas" ou "Casamos", como de guionizar e realizar curtas moi persoais como “A subela” (2003) elixido pola Xunta de Galicia para difundir o audiovisual galego e presentado nun cento de festivais ou “Unary”, galardoada co Mestre Mateo á mellor curtametraxe no 2015. Asemade é o director de varios longametraxes como a ficción “Retornos” (2010), seleccionada nos festivais de Montreal, Valladolid, São Paulo e gañadora de dous premios do audiovisual galego (Mestre Mateo) e os documentais “Os días afogados”, Mestre Mateo ó mellor documental 2016 e “Idénticas”, Mestre Mateo ó mellor documental 2019. Con tantos premios ás costas, a Academia Galega do Audiovisual, encargoulle a Dirección da Gala dos Mestre Mateo do 2020. Actualmente traballa no proxecto educativo Ollo Activo , para impulsar a creación audiovisual na mocidade do Barbanza.
