Sinopse
“Mbemba Saltou o valado en Ceuta, agora vive en San Sadurniño”
Cociña da peza
Luís achegouse a San Sadurniño cunha idea difusa que lle roldaba na cabeza, facer unha peza coa rapazada; comezou axudando a outras cineastas chanfaineiras como "Apuntamentos para un filme sobre Cantareliña" de María Yañez e "Casa Torina" de Ana Moreiras, ata que topou co fío narrativo do que tirar: "Despois pensei que podería facer algo cos comerciantes, tendeiros e xente común, algo loxicamente improvisado e con factor humano, que é o que máis me interesa. Esa ia ser por fin a idea, xa estaba preparado para saír o sábado á caza de xente, incluso quedara xa cunha sobriña de Cruz que traballa nun supermercado. Pola noite, Ana Moreiras enleoume -eu deixeime- e saímos tomar algo no Dzine , alí coincidimos con Iván Sanjurjo , e dicir, "San Sadurniño conection". El contoume a historia de Mbemba, aí topei co meu tema ...."
En "Mbemba en Sansa" o humanismo de Luís Avilés síntese cómodo. O protagonismo corre integro por conta do novo veciño de Sansa e todos os recursos están ao servizo da súa historia: "As veces pensamos que hai realidades paralelas, mais só hai unha; Mbemba pasouno mal e partiu dun entorno difícil, pero agora vive feliz en San Sadurniño. Para os realizadores ou polo menos para min, esta foi unha gran experiencia que permitiu vincularme cunha experiencia humana dun xeito moi especial; que fai que te mergulles nun sitio que non coñeces e que te mergulles en ti mesmo á vez." Con esta peza sinxela e auténtica, Luís Avilés ábrenos un camiño de tolerancia, o coñecemento do "outro", a peripecia vital dun inmigrante africano que hoxe é un veciño máis no noso concello.
Equipo
Dirección
Galería
