Biografía
Anxo Santomil é un artista polifacético e comprometido coa arte e o cinema galego dende a súa mocidade. Estudou Filoloxía Inglesa. Artista plástico e deseñador, ten participado en numerosos filmes galegos dende a mítica “Sempre Xonxa” (Chano Piñeiro, 1989), ata un bo número de pezas realizadas nos últimos anos como freelance. Impulsor e coordinador de “Telegroucho”, unha das primeiras experiencias de TV local en Galicia. Foi co-fundador e secretario da Federación de Cineclubes de Galicia; director das Xornadas de cine e video do Carballiño e tamén coordinou o proxecto "Cinemas dixitais" entre outras innumerábeis actividades de promoción, difusión e produción relacionadas co audiovisual galego e portugués. No ámbito da creación, xa dende os anos 70, traballou coa fotografía estereoscópica aérea na elaboración cartográfica para a Phelps Dodge. Ademais de participar en producións do audiovisual galego, actualmente está a realizar numerosos traballos de animación fotográfica 3d (parallax effect), simulación de efecto tridimensional a partir de imaxes convencionais, relacionados coa arquitectura e obras pictóricas que poden visualizarse na súa canle na rede
