Biografía
Teño Unha Horta é un colectivo formado por Carmen Bouza (Lamas, 1948), Carmen Couce (Lamas, 1949), Cruz Piñón (Ferreira, 1953), Consuelo Picos (Igrexafeita, 1945), e Lucía Pita (Naraío, 1937), veteranas colaboradoras de "Fálame de San Sadurniño", crearon o proxecto "Teño unha horta en San Sadurniño" no ano 2015 co obxectivo de difundir e compartir o coñecemento e a experiencia das mulleres nos traballos do campo.
Na súa canle de Youtube "Teño unha horta", arredor de 70 vídeos publicados, dan a coñecer os labores agrícolas ensinando trucos e tarefas tradicionais da agricultura galega. O proxecto acadou un grande éxito mediático con preto de un millón de visualizacións e 2.300 subscritores, e xa recibiu unha morea de premios e recoñecementos como a "mellor web serie en VO" no Carballo Interplay, "Mellor vídeo-opinarmos" en Youtubeir@s, ou o premio como "Mellor iniciativa cultural dirixida a persoas maiores", outorgado pola fundación DomusVi, entre outros moitos recoñecementos e considerado xa como un referente na rede.
Alén diso, as cinco mulleres -xa como cineastas- sorprenderon nos diferentes Chanfainas coas súas pezas colectivas: "Historia do cisne, o atún e a troita"(2017), "Boniatos no país do sol poniente" (2018), "Electra" (2019), "Decides que o matrimonio" (2020), "Cando eu era nova" (2023), "A última fonte" (2024) e "No tempo dos escapados" (2025).
Filmografía en Chanfaina Lab
1 película
- Ano
- 2025
- Rol
- Dirección
