Ir ao contido principal

Sinopse

Catro amigas evocan a súa infancia e mocidade no devalar do tempo

Cociña da peza

As mulleres do colectivo de "Teño unha horta" son absolutamente imprescindíbeis para a Chanfainalab: axudan aos cineastas no que faga falta, dende as tarefas de localización e produción ata o reparto e interpretación. De feito podémolas ver noutras pezas desta 7º edición como "Interxeneracional", "Navia", "Espantos e desencantos", "Fíate e non corras" e "Feminino". Sen embargo na Chanfaina sempre andamos pendentes da sorpresa que nos agasallan ano tras ano as nosas cineastas seniors. Nesta edición optaron por lembrar os seus anos mozos: "Este ano foi todo un tanto imprevisto. A idea era facer algo na horta e algunha broma, pero estaba moi mal día entón gravamos ao abrigo, e foi todo o que nos deu de si. A idea inicial era contar cousas da nosa vida. Todas aportamos propostas diferentes das que xa foramos falando ao longo do tempo. Ao final decidímonos por rememorar o tempo no que fomos novas porque a vida avanza, pero pérdense moitos valores polo camiño. O resultado só chegou a ser unha mínima parte do que nos tiñamos proposto. Todo o vivido daría para facer unha ou varias novelas co que nós levamos vivido. Mais en resumo, pretendemos transmitir ás persoas de hoxe que para ser feliz non é necesario ter moitas cousas; hai que conformarse co que un ten, ser humilde e saber respectar aos demais".
"Cando eu era nova" é un documental coral no que as vivencias e as palabras recobran o papel principal da historia. Elas e o devalar do tempo lembrado son as protagonistas absolutos desta peza tan persoal: "Que queríamos transmitir? Pois iso, como foi a nosa vida. Fixemos esta curta coas nosas vivencias, para que a xuventude de agora vexa, que as cousas non caen do ceo, hai que colleitar na terra, para que de froito, respectar aos pais e ós mestres, vivir con humildade e honradez, afastar a envexa, e manter conformidade co que temos. Tivemos unha vida difícil, aínda que fame non pasamos, porque na casa sempre tiñamos caldo, leite, tortilla e de vez en cando, carne de porco; así e todo, fomos felices porque se compartía todo. Hoxe a xente nova non o fai". Esta é a lección optimista que nos propoñen as nosas cineastas máis veteranas: aínda que recoñecen a dureza do tempo vivido no seu devalar, todas elas sentiron tamén o recendo da felicidade cando eran novas.

Equipo

Dirección

Equipo técnico

Cámara, Edición
Fran da Lobeira
Realización
Carmen Bouza
Realización
Consuelo Picos
Realización
Cruz Piñón
Realización
Carmen Couce

Reparto

Galería

Cando era nova