Ir ao contido principal

Sinopse

En pleno século XXI a histórica Electra de Naraío segue a ser a primeira e única empresa de electricidade do concello de San Sadurniño

Cociña da peza

Nesta edición colaboraron -como todos os anos- na orgaización da chanfainalab, axudando aos cineastas no que podían, dende a localización e produción, ata o reparto e interpretación noutras pezas como "Breixo""A rapaza que borboriñaba aos cabalos""Rexistros. Xeografía de San Sadurniño" ou “Non teño dono". Tamén asistiron aos cursos de iluminación básica (Alberte Branco) e gravación de son (Carlos Suárez). Mais apostaron novamente por producir un filme relacionado coa memoria colectiva do século XX e que elas viviron en primeira persoa: "Parecíanos interesante que se falara de algo tan importante como é a luz. Queríamos amosar aos máis novos o que hai detrás cando lle dan ao interruptor da luz. Non sabíamos si os actuais propietarios da fábrica da luz ían a querer colaborar, mais os irmáns Orosa aceptaron a nosa proposta moi amablemente. Non queríamos esquecer algo que consideramos importante como esta empresa que leva case 100 anos funcionando."

"Electra" é un documental de narrativa clásica, en canto á súa estrutura, -concibida para a divulgación- e armada sobre as entrevistas, imaxes e fotografías que van tecendo na historia local e recuperan un feito sobranceiro na vida cotián do século XX. A pesares de parecer unha historia local ten, sen embargo, interés universal; os actuais propietarios da "Electra" tamén abordan algúns dos grandes problemas do presente: o oligopolio das grandes empresas eléctricas, os eucaliptos, a vida cotián e a despoboación do rural, a emigración, ect: “O vídeo fainos retroceder á época do candil, para lembrar as primeiras bombillas que alumearon nas nosas casas e cómo foron evolucionando ao longo do tempo.Foi un milagre pasar do candil á luz eléctrica. Honra moito aos dous irmáns Orosa que sigan a manter o que tanto traballou o seu avó e os seus pais e pretendemos valorar publicamente a saga dos Orosa". En resumo, un gran traballo documental que co tempo converterase nun clásico da historia da memoria de San Sadurniño e na que tamén ficará patente a humanidade de Manuel Ángel e Mª Mercedes Orosa Saavedra.

Equipo

Dirección

Equipo técnico

Produción
Carmen Bouza
Produción
Carmen Couce
Produción
Cruz Piñón
Produción
Consuelo Picos

Música

"Si me cortan la luz". Orquesta Dan Dem

Tamén participaron

Protagonistas: Manuel Ángel Orosa Saavedra e Mª Mercedes Orosa Saavedra

Galería

Central de Electra de Naraío