
Das figuras do poder ás voces da veciñanza, a historia constrúese desde múltiples perspectivas. Unha mirada ao pasado de San Sadurniño.

A historia dunha comunidade tamén se escribe a través dos acontecementos que marcaron o seu destino, dos personaxes que exerceron o poder e das pegadas que deixaron no territorio. Este ciclo reúne pezas que recuperan episodios relevantes da historia de San Sadurniño, desde perspectivas moi distintas : o poder dos Andrade e dos marqueses, a memoria patrimonial, as lendas, as orixes da agricultura, a chegada da electricidade ou a memoria democrática. Non presenta a historia como unha sucesión de acontecementos, senón como algo que permanece nos lugares, nos obxectos, nas voces e nas imaxes. O cinema combina documentos, recreacións, intelixencia artificial e ficcións para devolverlle vida á historia e abrir novas miradas sobre a identidade colectiva.;
"Cando a historia cobra vida" (Milagros Bará, 2025) Que acontece cando se pechan as portas da igrexa de Sto Domingo e o pasado esperta entre as súas paredes? Milagros Bará dá vida a personaxes doutra época para recuperar a memoria de Inés de Castro e Lanzós, filla do lider irmandiño Alonso de Lanzós e creadora do señorío de Sadurniño a comezos do século XVI. Un encontro entre historia, espazo e ficción que devolve presenza a unha figura relevante do pasado.
"A Marquesa e o Pazo" (Anxo Santomil, 2019). Fotografías antigas e animación dixital reconstrúen o universo da Marquesa de San Sadurniño e a vida no seu pazo a comezos do século XX. A través dunha minuciosa recuperación documental, Anxo Santomil transforma imaxes inmóbiles nunha viaxe visual polo pasado. Unha proposta que combina memoria histórica, investigación e experimentación audiovisual.
"Cartas de Conquista" (Xurxo Chirro, 2014). Unha investigadora percorre o Pazo da Marquesa Natividad Quindós, mentres le unhas cartas que revelan as relacións entre poder, territorio e memoria. Cartas que se len "desdramatizadas, de xeito frontal, hierático, monocorde e teatral. Xurxo Chirro constrúe unha ficción que cuestiona a historia oficial e o discurso de quen a escribe. Unha reflexión sobre a palabra como ferramenta para narrar, interpretar e manipular o pasado.
"A derradeira" (A Rigueira, 2025). No leito de morte, a Marquesa de San Sadurniño evoca os momentos máis significativos da súa vida e das súas estadías no pazo. A partir de fotografías e e recreación en espazos históricos, o colectivo A Rigueira recrea unha memoria feita de celebracións, encontros e lembranzas. Un retrato ficcionado dunha muller que deixou unha fonda pegada na historia local.
"Solpor" (Xacio Baño, 2014). Na procura dos cervos que un día habitaron a fraga dos marqueses, Xacio Baño entrelaza historia, mito e misterio. As pegadas do esplendoroso pasado aristocrático dialogan coa lenda do Pozo dos Donceis nunha viaxe que se move entre o visible e o imaxinado. Ao caer a tarde, a paisaxe parece gardar segredos que só o cinema pode revelar.
"A pena do trabuco" (Cruz Piñón, 2025). Un nome esquecido conduce á descuberta dun lugar vinculado á memoria das Revoltas Irmandiñas no Castelo de Naraío. A partir dunha lembranza familiar e coa axuda da intelixencia artificial, Cruz Piñón reconstrúe a historia da Pena do Trabuco. Unha viaxe ao pasado que recupera os rastros dunha memoria aínda presente no territorio
"Maldito espírito" (Carlos Martínez-Peñalver, 2024). O espírito do cabaleiro Nuno Freire de Andrade, coñecido como O Mao, percorre as fragas de Naraio condenado a revivir a violencia do seu pasado tiránico. Unha misteriosa mensaxeira podería abrirlle o camiño cara á redención. Carlos Martínez-Peñalver mestura ficción histórica, misterio e humor para explorar a persistencia da memoria e do mal.
"Eva" (Manuel Abad, 2019). A través de películas domésticas de Eva Braun e dunha voz que evoca os seus sentimentos, Manuel Abad constrúe unha insólita historia de amor no corazón da barbarie. As imaxes aparentemente inocentes do Super 8mm contrastan coa dimensión histórica da figura que as protagoniza. Unha reflexión sobre a cegueira amorosa e a inquietante distancia entre a intimidade e a historia universal.
"O arado" (Domingo Díaz, 2022). Un vello arado aparece entre as ruínas dunha casa e esperta a memoria dun mundo rural en transformación. Domingo Díaz recupera o valor dunha ferramenta que contribuíu a cambiar a historia da humanidade e que hoxe sobrevive como vestixio doutra época. Unha viaxe ás raíces da agricultura e aos vínculos entre a terra, o traballo e a memoria
"Electra" (Carmen Bouza, Carmen Couce, Consuelo Picos e Cruz Piñón, 2018). Antes de que a electricidade chegase aos fogares como un xesto cotián, houbo persoas e iniciativas que fixeron posible aquel cambio. As autoras recuperan a historia da Electra de Naraío, unha empresa fundamental na transformación da vida cotiá en San Sadurniño. Un documental que ilumina a memoria colectiva e lembra todo o que existe detrás dun simple interruptor.
"No tempo dos escapados" (Teño unha horta (2024). Tres veciñas recuperan os relatos que escoitaron de nenas sobre os fuxidos e as persoas que os axudaron durante a Guerra Civil e a posguerra. Historias de agochos, silencios e medos transmitidos de xeración en xeración. Un exercicio de memoria democrática que rescata pequenos xestos de solidariedade e dá voz a un pasado que non debe caer no esquecemento.
"E fíxose a luz" (Fran Bermúdez, 2018). Inolita lembra como a electricidade chegou á aldea da Lobeira, en Santa Mariña do Monte, a comezos dos anos sesenta. A través da súa conversa, Fran Bermúdez recupera a memoria dunha transformación que mudou para sempre a vida cotiá no rural. Unha peza de historia oral na que o humor, a retranca e a memoria dunha veciña iluminan o pasado.
Películas do ciclo
12 películas

X Chanfaina Lab
Cando a historia cobra vida
Milagros Bará2025 · 3min 35sCando a igrexa queda en silencio e as portas se pechan, algo esperta entre as súas pedras.
VI Chanfaina Lab
A Marquesa e o Pazo
Anxo Santomil2019 · 13min 26sUnha máquina do tempo feita de imaxes
I Chanfaina Lab
Cartas de Conquista
Xurxo Chirro2014 · 4min 49sEntre cartas lidas en frío e memoria convertida en escena, Xurxo Chirro transforma o Pazo da Marquesa nun espello onde o poder do pasado se desvela como palabra e historia en disputa.
X Chanfaina Lab
A derradeira
Xosé M. Rabón , A Rigueira Club2025 · 9min 6sEntre luces e sombras, a memoria da Marquesa reconstrúe unha vida ligada a San Sadurniño.
I Chanfaina Lab
Solpor
Xacio Baño2014 · 4min 36s"Solpor’ mergúllanos entre mito e memoria, onde os cervos do pasado e as lendas somerxidas espertan coa luz morna do anoitecer
X Chanfaina Lab
A pena do trabuco
Cruz Piñón2025 · 6min 52sUnha viaxe na memoria para redescubrir a pena do trabuco.
IX Chanfaina Lab
Maldito espírito
Carlos Martínez-Peñalver2024 · 9min 40sA memoria convoca os seus fantasmas
VI Chanfaina Lab
Eva
Manuel Abad2019 · 4min 36sCando o arquivo doméstico se volve historia universal.
VII Chanfaina Lab
O arado
Domingo Díaz2022 · 5min 28sUnha viaxe ás raíces da agricultura e da propia humanidade
V Chanfaina Lab
Electra
Teño Unha Horta 2018 · 19min 5sUn documental que fai visible todo o que hai detrás da luz
IX Chanfaina Lab
No tempo dos escapados
Teño Unha Horta 2024 · 5min 5sCinema de memoria sobre o silencio e o medo do franquismo
V Chanfaina Lab
E fíxose a luz
Fran da Lobeira2018 · 4min 5sA luz chegou á aldea; Fran encargouse de que non se apagase o recordo

X Chanfaina Lab
Cando a historia cobra vida
Milagros Bará2025 · 3min 35sCando a igrexa queda en silencio e as portas se pechan, algo esperta entre as súas pedras.
VI Chanfaina Lab
A Marquesa e o Pazo
Anxo Santomil2019 · 13min 26sUnha máquina do tempo feita de imaxes
I Chanfaina Lab
Cartas de Conquista
Xurxo Chirro2014 · 4min 49sEntre cartas lidas en frío e memoria convertida en escena, Xurxo Chirro transforma o Pazo da Marquesa nun espello onde o poder do pasado se desvela como palabra e historia en disputa.
X Chanfaina Lab
A derradeira
Xosé M. Rabón , A Rigueira Club2025 · 9min 6sEntre luces e sombras, a memoria da Marquesa reconstrúe unha vida ligada a San Sadurniño.
I Chanfaina Lab
Solpor
Xacio Baño2014 · 4min 36s"Solpor’ mergúllanos entre mito e memoria, onde os cervos do pasado e as lendas somerxidas espertan coa luz morna do anoitecer
X Chanfaina Lab
A pena do trabuco
Cruz Piñón2025 · 6min 52sUnha viaxe na memoria para redescubrir a pena do trabuco.
IX Chanfaina Lab
Maldito espírito
Carlos Martínez-Peñalver2024 · 9min 40sA memoria convoca os seus fantasmas
VI Chanfaina Lab
Eva
Manuel Abad2019 · 4min 36sCando o arquivo doméstico se volve historia universal.
VII Chanfaina Lab
O arado
Domingo Díaz2022 · 5min 28sUnha viaxe ás raíces da agricultura e da propia humanidade
V Chanfaina Lab
Electra
Teño Unha Horta 2018 · 19min 5sUn documental que fai visible todo o que hai detrás da luz
IX Chanfaina Lab
No tempo dos escapados
Teño Unha Horta 2024 · 5min 5sCinema de memoria sobre o silencio e o medo do franquismo
V Chanfaina Lab
E fíxose a luz
Fran da Lobeira2018 · 4min 5sA luz chegou á aldea; Fran encargouse de que non se apagase o recordo