Ir ao contido principal

Solpor

Xacio Baño

I Chanfaina Lab2014

"Solpor’ mergúllanos entre mito e memoria, onde os cervos do pasado e as lendas somerxidas espertan coa luz morna do anoitecer

Duración
Localización
San Sadurniño

Sinopse

Un director anda na procura do seu unicornio, do momento revelador do raio verde. E a tarde remata, e o sol cae.

Cociña da peza

Para a Chanfaina'lab,Xacio inspirouse nunha historia que leu en "Fálame de San Sadurniño" acerca do agasallo por parte de Alfonso XIII de varios cervos para repoboar a gran fraga dos Marqueses de San Sadurniño.
Ese foi o punto de partida, mais "Solpor" e moito máis: “está a medio camiño de todo, como me gusta a min. Buscaba eses cervos cen anos despois, en paralelismo coas pegadas do pasado aristocrático de San Sadurniño no primeiro terzo do século XX e mestureino coa lenda do Pozo dos Donceis. Tamén o meu nome, Xacio, alude a un ser mitolóxico medio peixe que vive nas augas dos ríos e garda relación coas cidades asolagadas.
"Solpor" é pois unha invitación a descubrir ese mundo fantástico do pasado e da mitoloxía que durme somerxido aos nosos ollos, mais posiblemente co anoitecer cobre vida propia.

Equipo

Dirección

Tamén participaron

Locución: Xosé Barato Produción: María Zaragoza

Galería

Solpor