Ir ao contido principal
Xacio Baño

Xacio Baño

1983Xove

Cineasta galego destacado pola procura dunha linguaxe audiovisual propia.

Biografía

Xacio Baño é un dos cineastas máis orixinais e prometedores do cinema galego. Así o acreditan as súas curtametraxes “Estereoscopía” (2011), “Anacos” (2012) e "Ser e voltar"(2014), multipremiadas nunha morea de prestixiosos festivais internacionais por todo o mundo. O cinema de Xacio caracterízase pola singular indagación sobre o entorno sensorial, así como o lirismo, intelixencia e sutileza da súa mirada, que chega a contentar por igual aos críticos máis esixentes á par do gran público que teña a fortuna de visionar os seus filmes. A súa traxectoria abrangue varias curtametraxes en festivais internacionais que o acreditan como unha das voces máis singulares do cinema galego contemporáneo.


Filmografía en Chanfaina Lab

1 película

Solpor
Ano
2014
Rol
Dirección