Cartas de Conquista
I Chanfaina Lab2014
Entre cartas lidas en frío e memoria convertida en escena, Xurxo Chirro transforma o Pazo da Marquesa nun espello onde o poder do pasado se desvela como palabra e historia en disputa.
- Duración
- Localización
- San Sadurniño
Sinopse
Unha investigadora visita un espazo histórico interesándose pola súa antiga moradora. No percurso le unhas "cartas de conquista" que reflicten os ángulos da mentira
Cociña da peza
Volve o crítico e director Xurxo Chirro autor de tres pezas para a 1ª Chanfainalab xunto con"Ao patadón" e "Teleclube", volve a sorprendernos cunha reflexión ficcionada sobre outro espazo emblemático da memoria de San Sadurniño. Nesta ocasión será o Pazo da Marquesa onde homenaxea a Jean-Marie Straub mais tamén ao recentemente finado Manoel de Oliveira. Xurxo Chirro é un dos máximos especialistas en España da obra do inmortal director portugués. De xeito similar a “Amor de perdição”, as cartas que le a investigadora serán o recurso narrativo que sosteña a narración. Cartas que se len "desdramatizadas, de xeito frontal, hierático, monocorde e teatral".
En "Cartas de Conquista" Xurxo xoga coa historia e o dominio case feudal dos marqueses de San Sadurniño, recuperando "o valor do texto e a palabra, mais tamén da palabra como creadora da manipulación histórica".
“Conquista” ten un dobre significado, pois era o título nobiliario principal de Natividad Quindós, mas ao tempo expresa o dominio da Marquesa sobre a súa contorna: a conquista territorial do seu inmenso patrimonio; a conquista económica, controlando os impostos aos colonos; e a conquista do prestixio social pola súa proximidade á monarquía borbónica; en definitiva unha reflexión histórica sobre o poder alcanzado pola marquesa no devalar do tempo.
Mais a actriz le os “aparentes” documentos nun antigo espazo privado de poder que hoxe é patrimonio social da veciñanza. Por elo “Cartas de conquista” é unha lúcida reflexión sobre as sinapses do pasado e o presente, o territorio e a memoria, como ven facendo en moitos dos seus filmes Xurxo Chirro.
Equipo
Dirección
Tamén participaron
Interpretaciòn: Bárbara Primo Produción: Beatriz Lema
