Ir ao contido principal

A derradeira

Xosé M. Rabón , A Rigueira Club

X Chanfaina Lab2025

Entre luces e sombras, a memoria da Marquesa reconstrúe unha vida ligada a San Sadurniño.

Duración
Localización
San Sadurniño

Sinopse

Relato imaxinado onde María de la Natividad Quindós y Villarroel, Marquesa de San Sadurniño-Duquesa da Conquista, xa no leito de morte, lembra algúns intres, lediciosos ou tristeiros, da súa vida, e das estadías en San Sadurniño, onde deixou unha fonda pegada.

Cociña da peza

No colectivo "A Rigueira Club" xurdiu a idea de facer un relato imaxinado, tomando como referencia fotografías da época na que a Marquesa ficaba en San Sadurniño: reunións, festas, persoeiros invitados, as relacións cos estamentos relixiosos (monxas, frades) e cos nenos do pobo.
Foi un traballo complexo para conseguir o vestiario axeitado, elixir localizacións (Pazo, xardíns, e Convento do Rosario). Houbo que adiar algunhas secuencias por mor do mal tempo.
O máis complicado da gravación foron as secuencias no cuarto onde se desenvolven os derradeiros intres da súa vida.

Equipo

Dirección

Equipo técnico

Guión, Edición
Xosé M. Rabón
Axudante dirección, Storyboard
Francisco Otero
Fotografía, Cámara
Xosé Castro
Produción
Víctor Rico

Reparto

Música

Giacomo Puccini. Anacos da ópera "La Bohéme" (instrumental), interpretada por André Kostelanetz e a "Columbia Symphony Orchestra"

Tamén participaron

Reparto: nenas e nenos: Celia, Mario, Olivia, Naim, Sara, Xavi, Andrea e Anxo

Galería

A derradeira