Ir ao contido principal
Carmen Suárez

Carmen Suárez

1962Ayer (Asturias)

Carmen fai da tecnoloxía unha ponte para activar o rural, tecer comunidade e transformar ideas en proxectos con vida propia.

Roles nas películas
ProduciónMontaxeCámara

Biografía

Licenciada en Psicoloxía, Axente de Igualdade de Oportunidades para as Mulleres e Monitora de Inserción de Colectivos en Risco de Exclusión Social.

Carmen Suárez empezou o seu oficio como dinamizadora social a través das novas tecnoloxías no ano 2001 na Rede de Telecentros de Asturias. Unha rede pioneira a nivel nacional e recoñecida polo seu carácter innovador.

No 2007 participou como xefa de proxecto na posta en marcha da Rede de Dinamización da Sociedade da Información da Xunta de Galicia.

Na actualizade  é dinamizadora TIC da Rede Cemit (Centros para a Modernización e inclusión tecnolóxica de Galicia) no Concello de San Sadurniño.
Impulsora de diferentes proxectos e iniciativas como Fálame de San Sadurniño, Teño unha horta en San Sadurniño, Miradas Novas, Fútbol que Fala, Faladas de Muller. Dende o ano 2014 forma parte fundamental do equipo de cociña do Chanfaina Lab.