O cinema tece fíos invisibles que unen os lugares, as persoas e a memoria compartida.

A Chanfaina itinerante chega a Neda o 23 de outubro do 2O26 na sede da Asociación Piruchela Colectivo. O fío condutor da selección é o territorio, a memoria colectiva e as historias que unen a Neda e San Sadurniño. O creador Kevin Lorenzo, programador da sesión, artellou unha escolma de doce títulos que conectasen as persoas asistentes coa realidade cultural de Neda e da súa contorna. Para iso, seleccionou pezas que manteñen diferentes tipos de ligazón con Neda, a través dos lugares que representan, das persoas que participan nelas e das historias que contan. Cada curta achega un xeito distinto de enxergarse no territorio, sen necesidade de que todas compartan a mesma temática nin o mesmo tipo de relación con Neda. Algunhas pezas como “Electra” (Colectivo Teño unha horta, 2018), “A pena de Vicente” (Abel Vega, 2023) e “Muíño d'abaixo” (Cristina Souto, 2023), teñen unha vinculación directa con Neda. En “Pedro Chosco” (NaraíoMedia, 2023), dous actores son nedenses, mentres que “E fíxose a Luz” (Fran da Lobeira, 2018) presenta unha historia próxima á realidade da contorna. A selección complétase con outras obras que manteñen conexións persoais, culturais e territoriais. “Casa Torina” (Ana Moreiras, 2019) relaciónase a través do podcast feito pola Piruchela a Ana Moreiras e Miguel de Lira, onde se falou do Cine do Eo e do Chanfaina Lab, ademais de manter unha exposición da artista gráfica durante tres semanas. “Arrolo” (Lucía Estévez, 2018) entronca coa actriz Melania Cruz porque estará convidada na Piruchela proximamente. “Onde Cristo falou con Rosa” (Pablo Fontenla, 2025) incorpora un vínculo persoal e familiar, a través da protagonista da curta, Pilar Pousa, curmá do artista Leandro Lamas, impulsor e membro da directiva do proxecto Piruchela Colectivo. Por outra banda, “A Gatiñeira de San Sadurniño”(Fernando Cortizo, 2024), encaixa nomeadamente pola proximidade da celebración do Samaín.
Mais a programación non se limita a reunir obras relacionadas con Neda, senón que procurou establecer unha rede de vínculos entre o cinema, as persoas, os lugares e as iniciativas culturais da contorna. A diversidade das curtametraxes permite ampliar a mirada máis alá do estritamente local, mantendo un fío común que dá sentido ao conxunto como “Vellamorta” (Juan Galiñanes, 2023), “Aquilino das Seixas”, (Antón Rodríguez, 2019) e “Nos mesmas” (Ana Pontón, 2017)
“Arredor de Nos” pretende recoller esa idea de proximidade e pertenza, agromando unidade a unha selección na que o cinema funciona como punto de encontro entre as historias, as persoas e a memoria compartida. O obxectivo é ofrecer unha sesión diversa, pero cunha identidade propia, que permita recoñecérmonos nas historias dos demais e poñer en valor os vínculos culturais e humanos que nos unen. O artista dixital e nedense Fran da Lobeira e algúns directores/directoras das pezas presentarán o acto.
A sesión dividirase en dous bloques cun descanso pola metade, pero non só como unha pausa técnica, senón como un momento para compartir, encontrarse e conversar, mentres se desfruta dun petisco de chanfaina nun ambiente próximo e distendido.
Películas do ciclo
12 películas

VI Chanfaina Lab
Casa Torina
Ana Moreiras2019 · 8min 33sCine lento para unha memoria que persiste
VIII Chanfaina Lab
A pena de Vicente
Abel Vega2023 · 5min 39sCando a memoria atopa quen a conte
VIII Chanfaina Lab
Vellamorta
Juan Galiñanes2023 · 3min 35sUnha reflexión gamberra sobre o paso do tempo e o estar aquí
VIII Chanfaina Lab
Muiño d ́Abaixo
Cristina Souto2023 · 5min 27sCinema para escoitar o eco da memoria
X Chanfaina Lab
Onde Cristo falou con Rosa
Pablo Fontenla 2025 · 5min 8sRosa volve á rúa cun sorriso imperturbable e o seu carriño da compra.
V Chanfaina Lab
E fíxose a luz
Fran da Lobeira2018 · 4min 5sA luz chegou á aldea; Fran encargouse de que non se apagase o recordo
VIII Chanfaina Lab
Pedro Chosco
NaraíoMedia2023 · 6min 31sTerror rural con selo propio
V Chanfaina Lab
Arrolo
Lucía Estévez2018 · 13min 50sLucía escoita a memoria e filma o pasado que aínda respira.
VI Chanfaina Lab
Aquilino das Seixas
Antón Rodríguez 2019 · 16min 48sAntón reinventa a memoria dun gaiteiro para facer da tradición un documental cheo de vida
V Chanfaina Lab
Electra
Teño Unha Horta 2018 · 19min 5sUn documental que fai visible todo o que hai detrás da luz
IX Chanfaina Lab
A gatiñeira de San Sadurniño
Fernando Cortizo2024 · 7min 20sUn relato colectivo con retranca e memoria.
IV Chanfaina Lab
Nós mesmas
Ana Pontón2017 · 6min 33sEntre o tren e a palabra, Ana tece cinco voces de muller que converten a viaxe en memoria