Ir ao contido principal

Ciclo temático

Ferreira

Unha sesión de curtas sobre Ferreira e as súas xentes

Películas
9
Duración
56 min
Anos
2016–2025

Sobre o ciclo

O Chanfaina Itinerante chega a Ferreira o domingo 9 de agosto cunha sesión de curtas relacionadas coa parroquia. A proxección, de aproximadamente 60 minutos, comezará ás 20:30 horas e rematará cun petisco para as persoas asistentes.

O sartego do Pico de Ferreira

Ferreira pecha unha fin de semana do Chanfaina Itinerante con cinema e petiscos

O Chanfaina Itinerante fará parada en Ferreira o domingo 9 de agosto cunha nova sesión de cinema organizada en colaboración coa Asociación Veciñal "O Pico de Ferreira". A cita será ás 20:30 horas no local social.

Durante a sesión proxectaranse unha selección de curtas realizadas en distintas edicións do Chanfaina Lab, todas elas gravadas en Ferreira ou relacionadas coa súa veciñanza. O programa terá unha duración aproximada de 60 minutos e permitirá redescubrir, a través da mirada dos e das cineastas, espazos, historias e persoas que forman parte da identidade da parroquia.

Ao remate da proxección haberá un petisco para as persoas asistentes, por cortesía da Asociación Veciñal "O Pico de Ferreira", creando un espazo para compartir impresións e conversar arredor das pezas nun ambiente próximo e distendido.

O Chanfaina Itinerante é un ciclo de proxeccións organizado xunto ás asociacións veciñais das parroquias de San Sadurniño. Ao longo do verán, a iniciativa leva de volta a cada lugar as historias filmadas no propio territorio, convertendo os locais sociais en puntos de encontro arredor do audiovisual e da memoria compartida.