Ir ao contido principal

Onde Cristo falou con Rosa

Pablo Fontenla

X Chanfaina Lab2025

Rosa volve á rúa cun sorriso imperturbable e o seu carriño da compra.

Duración

Esta película utilizou IA no seu desenvolvemento

Sinopse

Rosa sae da súa casa decidida a facer a compra despois de case unha semana sen aparecer polo pobo. A súa felicidade nunca irá a menos pase o que lle pase na vida.

Cociña da peza

Quería analizar a finalización dunha relación matrimonial de décadas nunha zona rural na que o humor negro estivara presente desde o primeiro momento. A necesidade do atrezzo estrela para a consecución do efecto final sorpresa foi a maior dificultade xa que non tería sentido sen unha aproximación hiperrealista. A xente que se atopa desde a casa ata a tenda foi froito da improvisación no propio día da rodaxe así como case todas as localizacións. No caso do cruceiro, si que estaba marcado por guión o diálogo co que para Rosa é a voz que fala no seu interior, a de un expresidente da Xunta de Galicia. Aproveitamos previamente unha caída real en rodaxe da actriz (e os xeos necesarios para que a súa inflamación de nocello non fose a máis) para facer unha animación en 3D no que puidesemos explorar o mundo interior da protagonista. O traballo de postproducción de son, así como o deseño da BSO foron esenciais para dotar de maior corpo e calidade técnica o resultado final. O traballo de etalonaxe quere representar unha rodaxe cun filme de 16mm nun claro homenaxe as produccións de serie B dos anos 70.

Equipo

Dirección

Equipo técnico

Fotografía
Marcos Budiño
Produción
Ángela Arnosa
Produción
Kevin Lorenzo

Reparto

Música

Pablo Fontenla

Tamén participaron

Reparto: Isabel Hermida, Rosa Paredes. Alberto Hortas - Dirección de Arte e modelado escultura Emilio Carral - Edición Postproducción de Son - Alberto Blanco Etalonaxe - Alfonso Merino (Alfonsin Digital Lab) Créditos - Jesús Ferrer Producción Executiva - ChanfainaLAb X, Águeda Penedo

Galería

Onde Cristo falou con Rosa