Biografía
Pablo Fontenla, na súa carreira, ligada dende hai 20 anos ao sector audiovisual, traballou en multitude de proxectos como director freelance, director de fotografía, produtor, guionista e produtor executivo.
Nesta primeira faceta destacamos a internacionalmente premiada “Helsinki79” (2019) ou “Canillejas” (2013), primeira webserie de época en Europa. En 2017 funda Luou City Producións como produtora de creación e desenvolvemento de contidos audiovisuais, guión e composición musical.
Estivo nomeado aos premios da Academia Audiovisual de Galicia (Mestre Mateo) nas categorías de mellor produción, fotografía, documental, curtametraxe, programa e mellor videoclip. En 2021 FORBES incluíuno na listaxe das 50 persoas con máis talento do panorama nacional. Actualmente atópase na fase de desenvolvemento do guión da súa primeira longametraxe.
Filmografía en Chanfaina Lab
1 película
- Ano
- 2025
- Rol
- Dirección
