Biografía
Gon Caride estudou Comunicación Audiovisual en Salamanca e no 2008 emigrou a Nova York (EE.UU.) onde cursou un Máster Intensivo en Dirección e Dirección de fotografía na New York Film Academy (NYFA).
Nos últimos 15 anos desenvolveu o seu labor profesional como director, guionista, montador, director de fotografía, produtor e asistente de dirección nos Estados Unidos, Reino Unido, Polonia, Francia e España. As súas tres primeiras curtametraxes narrativas como director e guionista foron seleccionadas en máis de 175 festivais internacionais, viaxando por máis de 35 países e recibindo numerosos premios á mellor dirección e guión, mellor curtametraxe e mellor dirección de fotografía en festivais de dentro e fóra das nosas fronteiras.
No 2023 e 2024 traballou como director da 2ª unidade na serie “Rapa”. Na actualidade vive en Galicia, onde traballa no desenvolvemento das súas dúas primeiras longametraxes e ultima a posprodución de "Un novo día", unha curtametraxe que investiga e afonda nas posibilidades da accesibilidade creativa no medio cinematográfico.
Filmografía en Chanfaina Lab
2 películas
- Ano
- 2025
- Rol
- Dirección
- Ano
- 2025
- Rol
- Interpretación
