Ir ao contido principal
Ángela Arnosa

Ángela Arnosa

1996San Sadurniño

Científica e cineasta de San Sadurniño que une curiosidade, sensibilidade e creatividade nun percorrido propio no audiovisual.

Biografía

Graduada en Química pola Universidade da Coruña. Esta científica de San Sadurniño defendeu con éxito no 2025 a súa tese de doutoramento no Nanomag, un grupo de investigación da USC especializado en nanopartículas magnéticas. O seu entusiasmo pola ciencia e a comunicación levárona a desenvolver un interese pola divulgación científica, que xa lle valeu varios premios e recoñecementos.

Así mesmo, Ángela foi desde sempre unha activa espectadora de obras do audiovisual galego. Hai uns anos deu un paso para poñerse diante da cámara con pequenos papeis en curtas e series web, así como en filmes producidos no marco do Chanfaina lab como "Sibila" de Carla Andrade ou "Breixo" de Kevin Lorenzo e Javier Seoane.

Todas esas inquedanzas culturais e artísticas foron o detonante de que Ángela se puxera do outro lado da cámara e debutar, ao fin, como cineasta con voz propia. Así, na edición de 2018 presentou a súa primeira curta “Síntese”, á que seguiron “Un ninguén máis”(2019), "Porte Expres" (2023), “Erosión” (2024) e "Punto de ignición" (2025). Tamén é membro activo do equipo de cociña da Chanfaina Lab, xestionando a produción de numerosas pezas.

Filmografía en Chanfaina Lab

21 películas

Un segundo
Ano
2025
Rol
Dirección, Guión, Montaxe, Interpretación
Onde Cristo falou con Rosa
Ano
2025
Rol
Produción
Cóntame a túa historia
Ano
2025
Rol
Produción
Gripe aviar
Ano
2025
Rol
Montaxe
Consulta aberta
Ano
2025
Rol
Cámara, Montaxe
No tempo dos escapados
Ano
2024
Rol
Montaxe
Mírame
Ano
2024
Rol
Cámara, Montaxe
A gatiñeira de San Sadurniño
Ano
2024
Rol
Produción
Punto de ignición
Ano
2024
Rol
Dirección
Pedro Chosco
Ano
2023
Rol
Interpretación
Erosión
Ano
2023
Rol
Dirección
O pano de seda
Ano
2023
Rol
Cámara, Montaxe
Porte exprés
Ano
2022
Rol
Dirección
Fíate e non corras
Ano
2022
Rol
Cámara
Navia
Ano
2022
Rol
Cámara, Montaxe
Un ninguén máis
Ano
2019
Rol
Dirección
Trae!
Ano
2019
Rol
A casa soñada
Ano
2019
Rol
Montaxe, Cámara
Breixo
Ano
2018
Rol
Interpretación
Síntese
Ano
2018
Rol
Dirección
Sibila
Ano
2016
Rol
Interpretación