Ir ao contido principal

Consulta aberta

Kevin Lorenzo

X Chanfaina Lab2025

Un encontro inesperado que esperta lembranzas e emocións nun día moi especial.

Duración
Localización
BardaosSan Sadurniño

Sinopse

O doutor Souto recibe a visita sorpresa das súas pacientes o primeiro día da súa xubilación e comezan a lembrar vellas anécdotas.

Cociña da peza

A idea da peza nace dunha obra de teatro que xurdiu dun proceso creativo interesante por parte das propias protagonistas, no que se foron construíndo situacións e diálogos a partir das súas achegas. Posteriormente, esa historia adaptouse ao formato audiovisual coa intención de pasar un tempo divertido durante a gravación, facendo do proceso creativo unha experiencia agradable e compartida.

Na historia tamén se lle quixo dar ao doutor unha imaxe de poder e riqueza, rodeado de cociñeiros e criados. Para reforzar esa idea, a gravación realizouse no que foi o Pazo da Marquesa, un espazo que axuda a transmitir esa sensación de prestixio e poder, algo que contrasta coa realidade actual, xa que hoxe en día no rural cada vez escasean máis os doutores e o servizo médico resulta máis limitado.

Ademais, a curtametraxe ten tamén un ton reivindicativo, inspirado na portada da revista "Pumariño" que existiu tempo atrás no Concello de San Sadurniño. A través dese detalle búscase facer unha pequena referencia á situación da sanidade no rural. A obra busca mostrar como os recordos e as pequenas historias do pasado poden unir ás persoas e dar valor aos momentos cotiáns.

Galería

Bieito o doutor en Consulta aberta