Biografía
Iago Lourido trasladouse coa súa familia a Naraío aos tres anos; é o lugar do que realmente se sente veciño e pensa seguir chamando “casa” toda a súa vida. Estudou no CPI San Sadurniño ata os dezaseis anos, aí formou o seu grupo de amigos cos que manterá contacto permanente coma Pablo ou Catalina, e tamén personaxes moi presentes coma Joám. Daquel tempo -durante a ESO- son as primeiras participacións na Chanfaina lab coma "The Sansa stomp" (2019) e "Cando ruxe o formigueiro 2.0" (2020).
Ao rematar a ESO estudou o Bacharelato de Artes no IES Concepción Arenal de volta a Ferrol, onde confirmou que definitivamente, non era o seu lugar, e simplemente estaba de paso. Despois matriculouse no Ciclo Superior de Fotografía na EASD Mestre Mateo de Compostela, onde o mundo real o fixo medrar a todos os niveis e madurar coma persoa e artista.
A día de hoxe ten realizado exposicións en lugares como Dzine, no propio San Sadurniño, ou na Facultade de Filoloxía da USC. A peza que realizou para o VIII Chanfaina lab “Velos na tebra” foi seleccionada no Festival S8, cinema periférico da Coruña en 2024. No 2025 realizou “Solposto” seleccionada en S8 e Cans. Tamén organiza actividades de dinamización cultural e é membro activo do equipo de cociña da Chanfaina Lab desenvolvendo varias accións formativas e xestionando a produción de numerosas pezas. Na actualidade dedícase profesionalmente ao fotoxornalismo. Foi correspondente da DANA acontecida en Valencia e dos incendios forestais en Galicia no verán do 2025.
Filmografía en Chanfaina Lab
15 películas
- Ano
- 2025
- Rol
- Dirección
- Ano
- 2025
- Rol
- Fotografía, Cámara
- Ano
- 2025
- Rol
- Cámara
- Ano
- 2024
- Rol
- Produción
- Ano
- 2024
- Rol
- Produción
- Ano
- 2024
- Rol
- Dirección
- Ano
- 2024
- Rol
- Interpretación
- Ano
- 2023
- Rol
- Montaxe
- Ano
- 2023
- Rol
- Cámara
- Ano
- 2023
- Rol
- Dirección
- Ano
- 2019
- Rol
- Dirección, Interpretación
- Ano
- 2019
- Rol
- Cámara, Interpretación
- Ano
- 2018
- Rol
- Produción
- Ano
- 2018
- Rol
- Dirección
- Ano
- 2017
- Rol
- Montaxe
