Sinopse
Historia dun rapaz que planifica o seu día a día desde a computadora, con ela vive, xoga, realiza compras, e... non sae da súa habitación
Cociña da peza
Nesta edición ademais de axudar nas curtas dos seus amigos “A rapaza que borboriñaba aos cabalos” e "The Sansa stomp", asistiu ao curso de iluminación básica impartido por Alberte Branco e ao de gravación de son de Carlos Suárez. Mais nesta edición, Pablo optou por realizar unha peza máis elaborada e que transmitira unha mensaxe á xente da súa xeración: "A idea da curta chegoume ao ver un vídeo cómico cunha estrutura similar, na que me inspirei para realizar "Conectado", idea que levei a cabo sen moitas dificultades, pero que me fixo aprender cousas novas sobre a edición dos vídeos. O principal obxectivo da curtametraxe e amosar aos espectadores a realidade que é o feito de vivir pegados ás pantallas, dun xeito algo esaxerado pero absolutamente verosímil, mostrando algo que sucede na actualidade como son os xóvenes que viven encerrados na súa habitación, situación moi común en lugares coma Xapón."
“Conectado” representa un grande salto cualitativo con respecto ás pezas de anteriores Chanfainas, pois a planificación e a posta en escena están ao servizo dunha mensaxe que anima á mocidade a enxergarse na vida exterior, abandoando o enclaustramento e illamento que as veces promoven as novas tecnoloxías: "Este ano esforceime por mellorar a calidade tanto de edición coma de narrativa, e espero que siga mellorando co paso dos anos, realizando tramas mais complicadas e mellor editadas, ou simples, pero constando da capacidade de decisión entre unhas e outras, e non tendo o meu nivel coma limitante". Sorprende a madurez e humildade que reflicte este novísimo, mais prometedor cineasta no que xa podemos observar os chanzos que van definir unha mirada propia. Volve a ser un orgullo e unha honra contar coa participación de rapaces tan creativos como Pablo e os seus colegas.
Equipo
Galería
