Sinopse
Un mozo chamado Xoel, basea a súa vida en xogar ao ordenador constantemente. Un día Xoel, canso de vivir aventuras virtuais, decide procurar unha aventura real
Cociña da peza
Nesta edición volveu a colaborar nas curtas dos seus amigos como a de Catalina “"As Aventuras de Marcelino e Clemente", a de Iago "Cando ruxe o formigueiro 2.0", "Con ollos de xigantes" de Ana Martínez ou "Un ninguén máis" de Ángela Anosa; tamén asistiu ao curso de fotografía 3D (Anxo Santomil) e montaxe (Sandra Sánchez). Mais nesta edición, Pablo volveu a optar por realizar unha peza que transmitira unha mensaxe á xente da súa xeración: "Dinlle moitas voltas ao tema, e a idea final desta curta xurdiume ao pensar como sería un Don Quixote coas características da sociedade actual; despois de pensalo moito decidín realizala.Tivemos algúns problemas cos horarios e coas tomas, nas que aprendín a lección de cómo ser un mellor director; basicamente por non revisar algunhas tomas que non tomei a precaución de comprobar e que tiña que haber regravado para que quedaran ben. Iso é algo que aprendín para o futuro"
En "Xoel e Sancho Yoda", Pablo insiste no camiño que iniciara o ano pasado con “Conectado", cunha mensaxe que anima á mocidade a enxergarse na vida exterior, abandonando o confinamento e illamento que as veces promoven as novas tecnoloxías. Nesta ocasión ideou unha trama poboada de referencias ao anime, os videoxogos e á banda deseñada, mesturada cun arquetipo literario universal. "Este ano esforceime por mellorar a calidade tanto de edición coma de narrativa, o meu obxectivo é que cando o espectador vexa a curta, poida entender a historia, e ademais que poida botarse unhas risas; tamén espero que poida entender os guiños ao mundo do anime e dos videoxogos que puxen, pois divertirase aínda máis que os que non coñezan as referencias utilizadas. Confío en mellorar co paso dos anos con tramas máis complicadas e mellor editadas." Segue a sorprender a madurez e humildade que reflicte este novísimo, e prometedor cineasta no que xa podemos intuir os chanzos que van definir unha mirada propia. Para a orgaización da Chanfainalab volve a ser un orgullo e unha honra a participación e a imaxinación desbordada de rapaces tan creativos como Pablo e os seus colegas.
Equipo
Galería
