Ir ao contido principal

Sinopse

Axente TRIg, cos seus misteriosos dons, encarna no noso mundo para estudar unha posible intervención. Alguén recolle notas do proceso

Cociña da peza

Cora achegouse a San Sadurniño sen un plan previo. Os seus ollos encalecidos no documentalismo crítico trataron de “entender” un territorio para ela descoñecido, ata que aos poucos topou co fío condutor: “Fun a San Sadurniño sen guión nin preprodución, sen ter claro se ía facer documental ou ficción, confiando en que o nin da experiencia aportase a historia. E así foi, o acompañamento tranquilo e compartidor de Iago e Abel na procura de localizacións e o ambiente agarimoso que se da na Chanfainalab afrouxaron a tensión da folla en branco e posibilitaron que recollera o necesario para poder construír este pequeno relato. Estou afeita a traballar de xeito rápido, pero neste caso houbo algo de vertixe ao abordar a peza case desde cero; só sabía que as vacas terían unha presenza clave pero nin sequera estiven certa de que Luisa -a miña axudante- ía poder acompañarme ata o día antes da rodaxe. Ela, presente de costas ante a cámara, aportou non só ocorrencias no aspecto formal senón tamén inspiración para atopar a idea guía da historia, a partir da súa sensibilidade respecto ao medio e, especialmente, aos animais"
"Notas para unha intervención" é unha peza que se interna no noso territorio con notas de ciencia ficción e reclama a nosa atención polo estilizado rexistro cromático e un certo ar de misterio que as persoas espectadoras deberán iluminar: "A breve duración creo que xoga a favor da historia. O guión foi aparecendo de xeito intuitivo, pescando datos e localizacións sobre a marcha, e só acabou de revelarse na mesa de montaxe. Unha historia que, debuxada a trazo gordo e non exenta de crítica, deixa pistas para que o espectador a complete". A proposta da cineasta viguesa é que adoptemos un punto de vista insólito, quizais o dun extraterrestre, que percorre o noso concello entre luminosas cores viradas e tomando notas da natureza e os seres vivos que habitan no territorio para poder entendelo antes do contacto definitivo. Que desfruten desta fermosa viaxe exploratoria da nosa contorna a través dos ollos do axente TRIg.

Equipo

Dirección

Equipo técnico

Produción
Abel Vega
Produción
Iago Lourido

Tamén participaron

Reparto e coguionista: Luisa Trigo

Galería

Notas para unha intervención