Ir ao contido principal
Cora Peña

Cora Peña

1968Vigo

Cora Peña desenvolve un cinema documental de forte compromiso social e ambiental, no que as historias reais se abordan cunha mirada ampla e unha práctica creativa que abrangue múltiples facetas do audiovisual.

Biografía

Cora Peña, é licenciada en Ciencias da Información (UCM) e graduada en dirección de fotografía pola EICTV (Cuba). Tras exercer como directora de fotografía en varias curtas de ficción, estreouse como directora na mediometraxe ópera rock viguesa "The last patrol" (2000). Nos últimos anos enxergouse intensamente no xénero documental, con longametraxes de contido socio-ambiental como "Apash, os de fóra" (mundo indíxena fronte a extractivísmo na Amazonía peruana); "Tesouro de Corcoesto" (resistencia popular fronte ao proxecto de mina de ouro na Costa da Morte) ou puramente social como "Agromantes" (procesos de loucura e psiquiatrización en primeira persoa). Ven de estrear na plataforma de Agalega "Arborismos" , unha serie documental sobre as árbores orientado ao público infantil. Actualmente desenvolve o documental "A man dentro da luva". Nas súas producións documentais adoita exercer de muller-orquestra, desempeñando os roles de guionista e directora, produtora, operadora e montadora.


Filmografía en Chanfaina Lab

1 película

Notas para unha intervención
Ano
2024
Rol
Dirección