Sinopse
Testemuñas de varias persoas coñecidas do concello de San Sadurniño ás que se lles preguntou polo seu obxecto de maior valor. Non valor económico nin material, senón ese “algo” que garda os seus recordos máis prezados.
Cociña da peza
A idea xurdiu hai tempo pola conxunción de dúas cousas: unha serie de pequenas curtas do director Abbas Kiarostami que trataban sobre as cores, pezas educativas na súa totalidade, pero cunha profunda carga estética e unha enorme sensibilidade na fotografía; e, por outra banda, unha conversa co meu avó na que me contaba a historia dunha pequena xarra metálica que el fixera en Alemaña hai case 60 anos, cando estivera alí traballando.
Todo isto fíxome pensar nas incribles historias que poden ter cada un dos obxectos que vemos no día a día, que nos levan acompañando toda unha vida e que non precisan de grandes “efectos” para ter un gran valor.
A primeira toma de contacto coa idea de levalo ao vídeo foi en Taboada, no certame Cine do Eo, ao que fun convidado e no que, xunto con Ledicia Sola, realicei cos veciños da localidade a primeira versión de “Unha persoa, un obxecto”, gravando tres únicos planos que servían para presentar cada persoa, cada obxecto, e transmitir o valor que tiña para eles.
Con esta edición no Chanfaina non só quixen afinar máis a estética e facer unha peza máis redonda, senón tamén contar as diferentes historias de persoas xa moi coñecidas en San Sadurniño a través dos seus obxectos.
Equipo
Dirección
Reparto
Música
"Horizon" & "Time to go" – Ziv Mora
Galería
