Biografía
Comezou a súa carreira no equipo de cine Imaxe, a finais da década de 1970. Dirixiu a curtametraxe “Reflexos” (1982). É un dos fundadores da produtora Trama, canteira fundamental do audiovisual galego pola que pasaron entre outros Xavier Villaverde, Miguel Castelo, Pancho Casal, Mateo Meléndrez, Guillermo Represa, Xesús Vecino, Jorge Algora ou Suso Montero. Desta época cómpre salientar a súa colaboración como cámara nos títulos senlleiros da videocreación galega dos 80 como “Veneno Puro” e “Viuda Gómez” de Villaverde, ou “Salvamento e socorrismo” de Antón Reixa.
Contratado por VideoVoz TV, foi un dos primeiros profesionais en traballar para a TVG en tarefas de director, realizador e montador en programas de longo percorrido como “O monacato en Galicia”, ou “Lendas”. Tamén compartiu tarefas de guionista nalgúns deses programas. Durante moitos anos desenvolveu un importante traballo pedagóxico como mestre de montaxe e de realización de cinema e televisión na Escola de Imaxe e Son da Coruña, formando equipo con nomes fundamentais do audiovisual galego como Manolo González, Daniel Domínguez, Ignacio Pardo, Pepe Coira ou Carlos Oro.
Dirixiu a longametraxe de ficción “Blanca Madison” no ano 2000. E no 2008 rodou o filme “A casa da luz”, adaptación da novela do mesmo título de Xabier P. Docampo, da que é guionista e director.
Filmografía en Chanfaina Lab
2 películas
- Ano
- 2025
- Rol
- Interpretación
- Ano
- 2025
- Rol
- Dirección
