O Chanfaina Itinerante chega a Igrexafeita o sábado 8 de agosto cunha sesión de curtas relacionadas coa parroquia. A proxección, de aproximadamente 60 minutos, comezará ás 20:30 horas e rematará cun petisco para as persoas asistentes.
Igrexafeita recibe o Chanfaina Itinerante cunha sesión de cinema arredor das súas historias
O Chanfaina Itinerante chegará a Igrexafeita o sábado 8 de agosto cunha nova sesión de cinema organizada en colaboración coa Asociación de Veciños "Adiante". A cita será ás 20:30 horas no local social.
A programación reunirá unha selección de curtas realizadas no marco do Chanfaina Lab, pezas que teñen Igrexafeita como escenario ou que gardan relación cos seus espazos, as súas historias e as persoas que forman parte da súa vida cotiá. Durante aproximadamente 60 minutos, as persoas asistentes poderán achegarse a diferentes maneiras de contar e observar a parroquia a través das olladas das e dos cineastas participantes no proxecto.
Máis alá da propia proxección, a sesión busca recuperar o audiovisual como ferramenta para poñer en valor a memoria local e favorecer o encontro entre a veciñanza arredor das historias que nacen no propio territorio.
Ao remate da sesión haberá un petisco para as persoas asistentes por cortesía da Asociación de Veciños "Adiante", un momento pensado para continuar a conversa, compartir impresións sobre as pezas proxectadas e crear un espazo de encontro nun ambiente próximo e distendido.
O Chanfaina Itinerante é un ciclo de proxeccións organizado xunto ás asociacións veciñais das parroquias de San Sadurniño. Ao longo do verán, a iniciativa percorre diferentes lugares do municipio levando de volta as historias filmadas no territorio e transformando os locais sociais en espazos de reunión arredor do audiovisual e da memoria colectiva.
Películas do ciclo
12 películas

VI Chanfaina Lab
As landras
Ana Lamas2019 · 2min 47sLandras que fan nacer universos
VIII Chanfaina Lab
O encanto da natureza
Catalina Rodríguez2023 · 3min 10sCabalos, vento e natureza sen límites
IX Chanfaina Lab
Solposto
Iago Lourido2024 · 6min 33sUn artefacto visual tan preciso como fascinante
VIII Chanfaina Lab
A pena de Vicente
Abel Vega2023 · 5min 39sCando a memoria atopa quen a conte
VI Chanfaina Lab
Limiar
Fran X. Rodríguez2019 · 3min 6sUn leñador, un neno e o tempo: Fran filma o instante no que todo cambia
X Chanfaina Lab
Saudade: unha metáfora/descrición da viudez
Anxo Pena2025 · 3minUn retrato íntimo da soidade e da incomprensión, onde a liberdade emerxe como unha conquista dura e necesaria.
X Chanfaina Lab
Gripe aviar
Teño Unha Horta 2025 · 5min 6sQue acontece cando tres veciñas de San Sadurniño deciden desafiar á gripe aviar?
V Chanfaina Lab
A chamada
Simone Saibene2018 · 6min 34sUn filme sobre a morte que, en realidade, fala de vivir
VIII Chanfaina Lab
O pano de seda
Kevin Lorenzo 2023 · 7min 49sIntriga, retranca e caos rural: o cóctel perfecto
II Chanfaina Lab
Sotobosque 1
Xiana do Teixeiro2015 · 5min 39sMergúllanos nunha mirada paciente e íntima onde o pequeno se transforma en universo.
X Chanfaina Lab
Onde Cristo falou con Rosa
Pablo Fontenla 2025 · 5min 8sRosa volve á rúa cun sorriso imperturbable e o seu carriño da compra.
VIII Chanfaina Lab
7+1
Soraya Yáñez2023 · 3min 18sSete parroquias para contar unha vida