Sinopse
Unha limacha de Igrexafeita observada como nunca antes, nunha peza que converte o untuoso corpo en escultura, en criatura fantástica doutro mundo, en escuro universo e en campo para a contemplación marabillada
Cociña da peza
Xiana achegouse á San Sadurniño coa intención de gravar animais invertebrados: " Levo un tempo interesada na natureza, mais na natureza como "retrato", -como personaxe que pasa desapercibido- e non como paisaxe. Busco "desaparecer" na observación en centrarme no "outro", como cando se observa algo en profundidade e desaparece toda conciencia durante un bo rato. Os dous días da Chanfaina enxergueime completamente polas fragas de Igrexafeita e adiquei moitas horas gravando todo tipo de animais invertebrados, nomeadamente bolboretas e insectos que viven nas beiras do río Castro, ata que topei as dúas limachas atlánticas xigantes que saen no filme. Fíxeno con moita devoción e paciencia. Tireime ao chan e fun seguindo aos animais sen intervención miña durante moito tempo. Despois, na montaxe, tardei en dar co punto e a solución. Paréceme moi importante que para falar do "outro" os modos non impoñan os nosos discursos. Acompañalo sen intervencíón algunha e así coñecer a perspectiva, o ritmo, as cores, o son.. .para cambiar a nosa percepción do que pode ser outra forma de vida, unha experiencia que nos permita entender o descoñecido."
Así pois, a cineasta invítanos a coñecer mellor estas veciñas especiais e residentes na parroquia de Igrexafeita case transformadas en plásticas esculturas en movemento. Como escrebe o crítico Fernando Solla en Cinedivergente: "Fabuloso retrato cinematográfico de un ser invertebrado. De una babosa. Escultura y cuerpo vivo a la vez. Viscosidad casi lasciva. Planos detalladísimos que magnifican las dimensiones del animal, convirtiéndolo en un ser que de tan hermoso resulta monstruoso. Respiración en movimiento y fundido a negro. Lo que propone Gómez-Díaz aquí es una ruptura de las fronteras del documental, así como de las mismas formas de la naturaleza bajo su punto de vista y su mirada y capacidad de observación". De seguro que os espectadores deste filme mudarán para sempre o seu punto de vista sobre estes pequenos seres vivos, convertidos en animais fantásticos polo talento, a paciencia e a cámara de Xiana do Teixeiro.
Equipo
Dirección
Galería
