Biografía
A cineasta luguesa Xiana do Teixeiro é doutora en Comunicación Audiovisual e Publicidade (UAB, 2012), especializándose en xénero, música e representación audiovisual. Mais ten xa unha prolífica traxectoria como realizadora e artista visual emerxente, fresca, estimulante e dificilmente clasificable. Foi co-fundadora da produtora audiovisual Walkie Talkie Films, orientada cara o cine documental de autor, vídeo experimental e videoarte. Nas súas obras ten explorado o relato íntimo, a construción da identidade, os roles de xénero, e a comunicación non verbal, así como, a nivel formal, as relacións entre imaxe e música. No mes de abril do 2016 foi a artista invitada do Centro de Cultura Contemporánea de Barcelona no ciclo "Un mes un artista". En xuño deste mesmo ano, o prestixioso festival S8 adicoulle un espazo especial "Artista en foco", onde figuraban as súas pezas máis relevantes. Actualmente está finalizando a longametraxe documental “Proxecto D” sobre a experiencia feminina adolescente a través de diarios íntimos
