
Películas que nacen nunha pequena comunidade e acaban falando ao mundo enteiro.

Unha das dimensións máis interesantes do Chanfaina Lab é a capacidade das súas creacións para viaxar máis alá do lugar no que nacen e dialogar con públicos e contextos moi diversos. Este ciclo reúne doce pezas que, ao longo dos anos, foron seleccionadas en festivais, mostras e programas culturais de diferentes cidades e países, e que nalgúns casos recibiron tamén premios e recoñecementos.
Desde a ficción e o documental ata a videocreación experimental, o videoclip e a danza, son propostas moi distintas que comparten unha orixe común: a liberdade creativa e a vontade de explorar outras formas de contar e mirar. A súa circulación por espazos de exhibición dentro e fóra de Galicia amosa que as historias nacidas nun contexto local poden espertar interese e emoción en lugares moi afastados.
Un percorrido que evidencia como a creación audiovisual do Chanfaina Lab non remata coa súa estrea, senón que continúa o seu camiño alí onde atopa novas olladas.
A duración do programa é de 98 minutos














