Ir ao contido principal

Instantes dun retorno

Giselle Llanio

II Chanfaina Lab2015

Giselle reconstrúe unha viaxe emocional onde a identidade e a emigración se entrelazan en tempo real.

Duración
Localización
FerreiraBardaos

Sinopse

Laura, bisneta de Teodoro, un antigo veciño da parroquia de Ferreira, chega á San Sadurniño para completar a procura que iniciara o seu avó fai moitos anos: a casa das súas raíces, onde vivía Teodoro antes de emigrar a Montevideo. Nesta viaxe, Laura coñecerá a varios familiares, a Craig un inglés que fala galego e Pablo, un paisano da contorna e amigo da familia. Todos acompañarán a Laura ata o seu destino".

Cociña da peza

Giselle veu á Chanfaina un tanto saturada polo seu traballo profesional: “Cheguei a San Sadurniño coa intención de seguir a Craig Patterson, -un inglés comprometido coa cultura galega- e gravalo por diferentes localizacións do Concello, mais o primeiro día topei coa historia da xornalista uruguaia Laura Caorsi e dinme conta que os tres eramos emigrantes. A historia de Laura tamén era a procura das súas raíces en Ferreira. Así que decidín integralo todo sobre a marcha sen saber moi ben qué estaba a facer... Só na montaxe dinme conta qué historia tiña nas mans. Eu veño de traballar nun entorno profesional, onde todo está planificado e pechado, cun equipo de traballo a miña disposición e cheguei á Chanfaina cunha simple cámara réflex, sen axuda algunha, con innumerábeis problemas técnicos e cunha historia que tiña que darlle forma en directo. Para min foi unha aventura fermosa e emocionante que me fixo reencontrarme coa miña vocación de cineasta, a de poñer luz na verdade que está diante dos meus ollos. Alí o único que contaba eras ti e a túa historia, se dispara o proceso creativo, deixas de estar en automático e as ideas flúen. Moi diferente da rutina profesional na que traballas sempre do mesmo xeito para unha empresa. Na Chanfainalab, a realidade e a inmediatez imperan e o proceso de construción do filme converteuse nunha aventura creativa da que me sinto moi satisfeita”.
“Instantes dun retorno” é dalgún xeito unha especie de roadmovie emocional dunha uruguaia, un inglés e unha cubana por San Sadurniño, vinculados ocasionalmente na procura da verdade e a identidade. Son seres humanos que chegaron a Galicia dende lonxe e aquí toparon acobillo ou sentido ao que buscaban. Unha historia que emocionará a calquera espectador, porque o filme desborda autenticidade, mais sobre todo sentimentos a flor de pel. Historias circulares de idas, voltas e reviravoltas a través do espazo e o tempo, ademais de diversas miradas cruzadas dos/as protagonistas. A propósito do filme, Sandra, unha amiga de Laura escribe nunha carta" En el corto se transmite energía positiva, alegría, felicidad, emoción, esperanza... es un trabajo que rescata al que se fue y lo trae a caminar con nosotros. Y también inmortaliza al que se va como el papá de Giselle. Es cierto que uno nunca muere si quienes siguen vivos lo recuerdan, lo nombran. Con esa búsqueda y ese encuentro, han cobrado vida muchos Luaces que ya han partido , aunque no han muerto porque viven en la memoria de quienes los amaron y los siguen amando... Esta es la historia de casi todos nosotros, los emigrantes".
Premio CREA á "mellor curtametraxe documental" 2017 da Asociación de directores e realizadores de Galicia.

Equipo

Dirección

Tamén participaron

Montaxe: Susana Sotelo e Miguel Balseiro Posprodución de son: Iago G. Moro Coa participación de Laura Caorsi Luaces, Craig Patterson, Francisco Luaces, Manuel Luaces, Dolores Castelo, Santiago Soto, Pablo, Rubén Arribas .

Galería

Instantes dun retorno