Ir ao contido principal

Cruz Piñón

Xisela Franco

I Chanfaina Lab2014

Entre o cine migrante e a mirada partida, Xisela Franco constrúe en “Cruz Piñón” un retrato luminoso onde a vida dunha muller se multiplica ata converterse en aprendizaxe e superación.

Duración
Localización
Ferreira

Sinopse

 Dítico visual con pantalla partida na que asistimos ás dúas facetas da vida de Cruz Piñón: a do día a día da muller do rural e a da muller con ganas de aprender e de non deixar escapar o mellor dun mundo novo.

Cociña da peza

Para a Chanfaina'lab, Xisela apostou por enxergarse na vida dunha veciña de Piñeiros (Ferreira). "Cruz Piñón" é un retrato poliédrico dunha grande muller, labrega, mais unha nova muller dende que descubriu as novas tecnoloxías. Para Xisela foi unha gran experiencia: "o contacto coa dignidade e autenticidade de Cruz fíxome mellorar como persoa". A peza forma parte dun conxunto de filmes que a propia Xisela denomina como “cine migrante” ou cine expandido, proxectos audiovisuais ideados especificamente para museos ou galerías e que se sitúan na fronteira do cine e a arte contemporánea. A curtametraxe está concibida para ser vista en dúas pantallas frontais. Cada unha das pantallas, mais a banda sonora, aportan informacións complementarias, de xeito que o espectador poda compoñer a súa propia mirada sobre Cruz, mais nesta ocasión teremos que conformarnos con vela en "polivisión·, a pantalla partida. "Cruz Piñón" é unha chamada ao optimismo, unha historia de superación e aprendizaxe que nos devolve a confianza na capacidade do ser humano para evolucionar continuamente ata a propia realización .

Equipo

Dirección

Reparto

Tamén participaron

Axte dirección e son directo: Ánxela Caramés

Galería

Cruz Piñón