Ir ao contido principal

Saudade: unha metáfora/descrición da viudez

Anxo Pena

X Chanfaina Lab2025

Un retrato íntimo da soidade e da incomprensión, onde a liberdade emerxe como unha conquista dura e necesaria.

Duración
Localización
Igrexafeita

Sinopse

Maruxa Mayo dicíanos:
"O meu maior capital é a soidade, porque muda todo. Na soidade estou en comunicación coa vía láctea, coa astroloxía, coa astronomía, coa ciencia, coa arte, co todo. É un capital e eu creo que o home mídese pola soidade que aguanta".
Partindo da miña experiencia, a soidade faiche ver a vida dende as crenzas. Como di o meu corto, "Cento(s) de cabalos corren". Bueno, dous burros e un par de vellas. Fainos debilitarnos tanto na vellez como cando un se sente fráxil, incomprendido ou diferente. Como quen vive pero non é lembrado: unha inxustiza.
Seguindo co poema, vivir nunha negra sombra, nunha guerra que non fecha. Escoitar os cabalos e non velos, pensar que somos ceibes, pero vivir acougados polo vento.
Pese a que a miña curta diga ser unha metáfora da vellez e da soidade, é unha oda á liberdade en todas as súas formas. É ao duro, á loita que trae consigo conseguila.
Así que para todas as persoas que se sinten incomprendidas, soas ou presas na sociedade e no seu propio pensamento, adícolles esta breve curta sacada do rural e do runrún das teclas da nosa cabeza.

Cociña da peza

Inspiración en artistas como Rosalía de Castro e Maruxa Mallo.

Equipo

Dirección

Música

Elisa Lorenzo

Tamén participaron

Reparto: María Andrea (Maruja)

Galería

Fotograma da curta Saudade