Sinopse
Conto infantil de imaxe fixa interpretado por bonecos feitos con froito de carballos e aciñeiras vivindo unha aventura na que se enfrontan ás invasións de eucalipto.
Cociña da peza
Como xoga en casa, Ana só tivo que deixarse levar pola imaxinación para topar co fío da súa peza: "Nun paseo pola Pasada da Barra, nunha das poucas fragas que desgraciadamente quedan no noso entorno, atopo unhas landras moi feitiñas. Véñenseme á cabeza, ao velas, unhas figuriñas que un día vin que se facían aló pola República Checa. A casualidade fai que empece -por pura afección- a facer estes bonequiños que lles puxen o nome de "Dubanciños". Fun creando ducias deles, recollendo landras de distintas formas e de distintas procedencias e así foi medrando o seu pequeno universo. Botando a vista arredor dinme conta que a estes pequenos seres, se non lle poñemos remedio, pouco lles queda. A idea final xurdiume pola xenreira que lles teño aos eucaliptos. Para saír en defensa dos carballos. Por iso quería dar a coñecer os bonecos das landras. As dificultades que tiven no proceso de gravación da peza foron máis de pensar en cómo ordenar as esceas e cómo dar a entender o que quería transmitir. Tiven a inestimable axuda de Gabriel Tizón na fotografía e tamén nas ideas de montaxe, que logo levou a cabo Fran Bermúdez, quen elixiu as músicas da peza"
En "As landras" hai unha aposta moi orixinal pola mestizaxe da linguaxe do cómic, coa fotografía e os marabillosos personaxes e pequenos seres que habitan no universo das fragas: "Así nace esta curta, como una pequena achega para axudar a concienciar que a defensa da biodiversidade ten ser algo urxente e necesario. Birtukan e Elvia xa entenderon a mensaxe, elas tiveron a sorte de poder gozar dalgún paseo pola Pasada da Barra e coñecer de preto a eses pequenos seres. O resto dos nenos e nenas deste País tamén son merecedores de saber da súa existencia." Estamos convencidos que así será, porque construír un universo propio, como demostra Ana nesta peza, é un proceso laborioso e complexo; esta novedosa proposta só é o primeiro chanzo dos "dubanciños" que veremos no futuro en diferentes soportes artísticos; a creatividade de Ana seguirá a desenvolverse construíndo mundos singulares que fagan mais conscientes e felices aos seres humanos.
Equipo
Dirección
Equipo técnico
- Cámara
- Gabriel Tizón
- Montaxe
- Fran da Lobeira
Galería
