Ir ao contido principal

Cinema da veciñanza (2)

A veciñanza detrás da cámara, contando historias propias.

Películas
12
Duración
79 min
Anos
2015–2024

Cineastas por afección, historias por contar: unha mostra da creatividade da veciñanza.

A lenda do pozo dos donceis
"A lenda do pozo dos donceis" de A Rigueira

Un niño de avespas, unha nena que soña, a memoria dun mestre de voleibol, unha horta de landras ou unha antiga lenda do río Xuvia poden converterse en materia cinematográfica. Nesta segunda entrega de Cinema feito pola veciñanza reunimos doce pezas que nacen de intereses, idades, experiencias e sensibilidades moi diferentes.

Hai retratos de persoas e de vidas próximas, lembranzas familiares, homenaxes, contos infantís, comedias e propostas que se aventuran polo surrealismo e a experimentación. Algunhas parten da observación do mundo cotián; outras transforman unha vivencia persoal ou unha pequena anécdota nunha historia inesperada. Mais todas elas foron realizadas por veciños e veciñas de San Sadurniño afeccionados o cinema, aproveitando os recursos dispoñibles e deixando espazo á curiosidade, á imaxinación e ao azar.

Un conxunto de creacións que amosa que detrás de cada cámara hai unha persoa disposta a descubrir algo e a compartir a súa propia maneira de mirar sexa profesional ou afeccionado.

A duración do programa é de 79 minutos.

 

Películas do ciclo

12 películas