E ti de quén ves sendo?
II Chanfaina Lab2015
- Duración
- Localización
- San SadurniñoLamasSanta Mariña do Monte
Sinopse
"E ti de quen ves sendo? céntrase na ollada de veciños e veciñas de San Sadurniño que chegaron ata aquí dende outros lugares do mundo. Unha peza sinxela onde Edith, Agustina, Luismi, José Manuel e Gloria desvelan de quén veñen sendo.".
Cociña da peza
Nesta peza as cineastas locais exploran San Sadurniño na procura dun punto de vista orixinal: " As dúas somos naturais deste Concello e vivimos cunha certa tradición de ser un tanto pechados cos de fora. Tiñamos curiosidade por cómo ven e qué opinan de San Sadurniño aquelas persoas que, non sendo naturais do concello, viven connosco por elección propia. Parecíanos que a súa mirada sería diferente e tamén interesante. Como punto de partida escollemos esa expresión tan nosa coa que tratamos a quen non coñecemos: E logo ti de quén ves sendo?. Tentamos desmitificar a curiosidade inicial para amosar que son xente como nós, que mesmo teñen historias parecidas e que comparten a vida con nós a todos os niveis. O noso tratamento documental tiña que ser sinxelo, sen meternos en lugares complicados, nos que puideramos ter algún tipo de traba."
Entre a riqueza de miradas e diversidade de puntos de vista que podemos apreciar nas diferentes pezas da Chanfainalab, este filme só podería ser gravado por cineastas locais, xogando co punto de vista do "outro" sobre o pequeno universo de San Sadurniño. Nas pezas da Chanfainalab amósanse opinións dos naturais e tamén de visitantes esporádicos, mais "E ti de quén ves sendo?" aporta o punto de vista de quen decidiu vivir entre nós e formar parte da nosa comunidade. Así pois, é unha reivindicación da tolerancia e o coñecemento mutuo, unha chamada á convivencia e a compartir a vida da comunidade sen importar o lugar de procedencia. Unha mensaxe oportuna e necesaria ante a intolerancia cara o "outro" de triste actualidade nestes tempos.
Equipo
Dirección
Galería
