Ir ao contido principal
Ary López

Ary López

1987San Sadurniño

Tece información, cultura e palabra nun mesmo fío narrativo, convertendo o xornalismo nun espazo vivo onde Ferrolterra tamén se conta a si mesma.

Edicións como cineasta
I2014II2015VII2022
Roles nas películas
Dirección

Biografía

Ary López é xornalista e técnica en Produción Audiovisual. Traballa en ferrol360.es, onde forma parte do equipo fundador e coordina a sección de cultura do medio dixital das comarcas de Ferrolterra, Eume e Ortegal. A súa traxectoria profesional abrangue a redacción e produción de noticias, a locución radiofónica, a xestión cultural, a edición de contidos web e o traballo en redes sociais, ademais da condución de programas de radio. Formouse como Técnica Superior en Produción de Audiovisuais, Radio e Espectáculos na Escola de Imaxe e Son da Coruña e licenciouse en Xornalismo (especialidade audiovisual) na Universidade de Santiago de Compostela. Apaixonada polo mundo da música, estudiou solfexo e percusión, sendo membro da Xove Banda de Narón e das agrupacións folclóricas "Toxos e Froles" (Ferrol) e "Xacarandaina" (A Coruña)