Ir ao contido principal
Sabela Iñíguez;

Sabela Iñíguez;

San Sadurniño

Une comunicación, cultura e creación audiovisual para dinamizar San Sadurniño desde a participación, a memoria e a innovación social.

Edicións como cineasta
II2015
Roles nas películas
InterpretaciónDirección

Biografía

Sabela Iñíguez Cinza é licenciada en Ciencias da Comunicación e experta en redes socia, Xestora cultural, creadora audiovisual e política estreitamente vencellada ao concello de San Sadurniño, onde desenvolveu boa parte da súa traxectoria profesional e pública. No ámbito político e institucional, destacou como concelleira de Cultura polo Bloque Nacionalista Galego (BNG), desde onde impulsou diferentes iniciativas centradas na dinamización cultural e na participación comunitaria.

Durante a súa etapa no goberno local, tivo un papel relevante na promoción de proxectos de alfabetización dixital e inclusión social, especialmente aqueles orientados a colectivos como as mulleres maiores. No eido da creación audiovisual e cultural, Sabela Iñíguez apoiou o Chanfaina Lab para crear obras audiovisuais inspiradas no propio territorio, na súa xente e na súa memoria e mesmo participou activamente como creadora, codirixindo xunto a Ary López a curtametraxe “E ti de quén ves sendo?” na segunda edición do certame no ano 2015.