Ir ao contido principal

Qué pasou ?

The Sungirls

VI Chanfaina Lab2019

A celebración da vida cabe nun coche

Duración
Localización
San Sadurniño

Sinopse

18 veciñas e veciños de San Sadurniño repasan grandes éxitos da música galega dos últimos corenta anos

Cociña da peza

Nesta edición as mozas de "The Sungirls" participaron no obradoiro de montaxe de Sandra Sánchez e formaron parte do reparto de "Curmáns", mentres matinaban a súa peza, e -como marca da "casa"- coa música como referente. Si o ano pasado foron capaces de mobilizar a cen mulleres no videoclip “Non teño dono", este ano apostaron por unha única localización e un atinado casting de 18 veciños e veciñas moi populares no noso concello: "Fai tres anos, por diversión, comezamos a aventura destas tres rapazas que continúan a participar no Chanfainalab coa mesma ilusión ca primeira vez e apostando tamén pola sorpresa e por crear sempre cousas moi distintas. Así xurde esta peza. Qué fan os veciños de San Sadurniño no coche das Sungirls?. Pois haberá que ver a peza para descubrilo. As Sungirls decidimos voltar ás nosas orixes , a cantar dentro dun coche, pero desta vez, sen ser as protagonistas".
"Qué pasou ?" é como todas as pezas de The Sungirls unha curta optimista e luminosa, unha celebración da vida: "En realidade todo xira arredor da música e da cultura popular, e chea de bo rollo. Hai que vela. Pretendemos que toda a veciñanza de San Sadurniño pase un rato moi divertido e que a desfruten!!".Un videoclip onde ademáis están presentes varias veciñas e veciños do concello e que tamén son chanfaineir@s. Dende a orgaización da Chanfainalab sentímonos orgullos@s de contar con cineastas tan creativas e que ano tras ano nos sorprenden coas súas pezas frescas, dinámicas e sobre todo moi divertidas

Equipo

Dirección

Equipo técnico

Produción, Realización
Olga Vigo
Produción, Realización
Mónica Cibreiro
Produción, Realización
Graciela Galdo

Reparto

Tamén participaron

Reparto: Jaime Rodríguez, Joam Cortizas, Adrián, Manolo Seco, Chano, Carlos..

Galería

Que pasou?