
Ana Lamas
1969San Sadurniño
Ana Lamas combina a tradición e a creatividade nunha práctica artesanal e comunitaria na que a materia, a horta e o cinema se converten en formas de facer vida compartida.
- Edicións como cineasta
- VI2019
- Roles nas películas
- InterpretaciónDirecciónProdución
Biografía
Ana Lamas, é unha veciña de Igrexafeita que dende moi cativa tivo a teima de facer cousas coas mans. Sempre di "o que non vale para nada é o que me gusta". Co devalar do tempo foi desenvolvendo outras afeccións como a fotografía, a escrita, pero sobre todo argallar iniciativas e proxectos para mellorar a vida da comunidade. Está considerada como unha das máis relevantes expertas e cociñeiras da chanfaina. Despois de traballar uns anos de forma profesional cultivando a horta, quedouse con ela para autoabastecemento, e comezou unha andaina na artesanía hai xa catro anos co proxecto das Lolas da cascarilla, traballando coa materia prima das follas de millo. A súa iniciativa xa foi louvada varias veces en diferentes medios de comunicación. De feito, unha das súas creacións, - a Lola chanfaineira- é a imaxe e galardón que se lle outorga aos cineastas participantes na Chanfainalab. No 2019 animouse e participou por vez primeira na Chafainalab como cineasta.
Filmografía en Chanfaina Lab
5 películas
- Edición
- IX2024
- Rol
- Interpretación
- Edición
- IV2017
- Rol
- Interpretación
- Edición
- I2014
- Rol
- ProduciónInterpretación