Ir ao contido principal
María Yáñez

María Yáñez

1978Lugo

María Yáñez é unha xornalista e produtora cultural galega centrada na comunicación e nos contidos dixitais, con ampla experiencia en medios, televisión e proxectos de cultura en internet.

Biografía

María Yáñez  é licenciada en Xornalismo pola Universidade de Santiago. Desenvolveu moitos proxectos para cine e televisión coa produtora Continental, e anos máis tarde dirixiu para a TVG o documental "Linguas Cruzadas", o programa "O país dos ananos", así como varias galas e especiais da TVG. Leva dúas décadas traballando como xornalista en medios dixitais, desenvolvendo contidos audiovisuais para internet, deseñando estratexias de comunicación online (Bravu.net, Vieiros, etc) e comisariando diversos proxectos de cultura dixital como o festival Carballo Interplay ou o LAIC da Coruña. Asemade traballa como docente en numerosos masters sobre novas tecnoloxías. María está considerada como un referente e unha das profesionais máis sobranceiras da cultura dixital en Galicia. No 2019 dirixe VINTE , unha revista online de sociedade, cultura e tendencias vinculada ao xornal Praza.gal.

Filmografía en Chanfaina Lab

2 películas

Casa Torina
Ano
2019
Rol
Apuntamentos para un filme sobre Cantareliña
Ano
2019
Rol
Dirección, Interpretación