Ir ao contido principal
Noelia Uceira

Noelia Uceira

1998Valdoviño

Noelia Uceira é unha creadora audiovisual galega en formación, vencellada á realización de calquera traballo no audiovisual, cunha mirada aberta cara á animación e aos videoxogos.

Biografía


Noelia Uceira naceu en Valdoviño, mais San Sadurniño é a súa segunda casa, xa que a familia do seu pai é da parroquia de Lamas. Estudou o bacharelato de ciencias da saúde coa idea de cursar a carreira de química, pero logo de rematar 2º, decidiu optar polo audiovisual, xa que gustaba moito de usar os traballos de clase como escusa para poder gravar algo, “o que fora”. Realizou o ciclo superior de Realización na Escola de Imaxe e Son da Coruña; alí gravou varias curtas cos seus compañeiros, ademais de facer as prácticas na serie ”O Sabor das margaridas” . Actualmente estuda o segundo ano de Comunicación Audiovisual en Coruña, e no futuro, non descarta afondar no mundo da animación e dos videoxogos, aínda que tamén goza moito do traballo de script. Na súa canle de Youtube ten colgados traballos de clase.

Filmografía en Chanfaina Lab

1 película

"Relato vial", "Tempo"
Ano
2019
Rol
Dirección