Ir ao contido principal
Miguel de Lira

Miguel de Lira

1964Lira

Miguel de Lira é unha das caras imprescindibles da cultura galega: do teatro de Chévere ás pantallas, converteu o humor, a crítica e a identidade do país nunha forma propia de interpretar.

Acompañante
VI2019Presentador da Gala do VI Chanfaina Kab

Biografía

É un dos actores máis recoñecidos e queridos do audiovisual e do teatro galegos. Durante a súa etapa universitaria entrou en contacto co teatro e, en 1986, foi un dos fundadores da compañía Chévere, xunto coa que desenvolveu unha longa traxectoria como actor, director e produtor. En 1992 participou tamén na creación da Sala NASA, espazo fundamental para o teatro alternativo galego.

En 1989 deu o salto á televisión e ao cinema, participando no programa de humor da TVG Velaí… e a película Urxa. A súa gran popularidade chegou coa serie Mareas Vivas, onde interpretou a Evaristo Currás, un personaxe que se converteu nunha icona da televisión galega. Posteriormente protagonizou Pepe o Inglés e participou en series como Los hombres de Paco, Matadero e Vivir sin permiso.

No cinema conta cunha ampla filmografía, con máis de vinte longametraxes, entre elas Crebinsky, Somos gente honrada, A esmorga, Os fenómenos, Dhogs, Ons, Cuñados e Eroski Paraíso. Por Crebinsky recibiu o Premio Mestre Mateo ao mellor actor protagonista, e posteriormente volvería ser recoñecido por Somos gente honrada e Eroski Paraíso